Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Baixo Miño únese contra o deterioro da sanidade pública

As plataformas en defensa da sanidade pública de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño convocan unha manifestación o día 21 de decembro na Guarda

As plataformas en defensa da sanidade pública de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño convocan unha manifestación o día 21 de decembro na Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Diciembre de 2021

Fuente: Comunicado Público

O  deterioro galopante  da atención primaria nos Centros de Saúde de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño cunha carencia absoluta de profesionais  está transformando   os Centros de Saúde  en centros de urxencias onde as consultas ordinarias quedan relegadas ou  sofren esperas moi prolongadas.

 

Esta é a razón polo que As Plataformas en Defensa da Sanidade pública  de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño convocan a veciñanza do Baixo-Miño para dar unha resposta contundente  ao desmantelamento da atención primaria na comarca o día 21 de decembro ás 19,30 horas.

 

O que está a suceder na Atención Primaria é froito  da política sanitaria exercida durante os últimos 10 anos pola  Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza  que se concretou en:

- Contratos de traballadores e traballadoras   en precario, que fomentou a marcha de profesionais a outros territorios e a privada.
- Recortes nos orzamentos destinados á atención primaria. Para o ano 2022 recórtanse novamente 2 millóns de €.
- Negativa continuada por parte da Xunta de Galiza  a incorporar novos profesionais á atención primaria para garantir unha atención sanitaria integral.


Agora somos  a poboación e as/os profesionais  quen sofremos  as graves consecuencias desta situación, cun goberno galego que segue sen escoitar, e sen tomar medidas efectivas para modificar esta situación.

Non podemos consentir esta degradación progresiva do servizo de saúde, vainos a vida nisto. Por iso dende as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública  pedímoslle a toda a veciñanza  do Baixo_Miño que o próximo día 21 saiamos  manifestarnos para dar unha resposta proporcional a agresión que estamos padecendo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí