Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG acusa ao PP de facer electoralismo unha vez máis coa promesa dun CIS para A Guarda

Anxo Baz: Os terreos das Coutadas no que anuncian o CIS son privados e non teñen orzamentos para poder mercalos, tampouco teñen a cualificación de terreo dotacional

Anxo Baz: Os terreos das Coutadas no que anuncian o CIS son privados e non teñen orzamentos para poder mercalos, tampouco teñen a cualificación de terreo dotacional

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Febrero de 2024

Fuente: BNG A Guarda

Trala histórica  mobilización  en defensa da sanidade, o PP desembarca na Guarda a facer electoralismo coa vella promesa de facer un CIS (Centro Integral de Saúde)  para A Guarda.

O concello non dispón dos terreos nas Coutadas onde anuncian a   construción do CIS.  Terían pois  que iniciar a adquisición deste terreo, cousa complicada, xa que  o equipo de goberno da Guarda, non ten redactado nin aprobados orzamentos para este ano.

Este terreo non está catalogado no PXOM como terreo para equipamentos  o que impide levar adiante este ou calquera outro proxecto nun prazo razoábel de tempo. Requiriría unha modificación do PXOM para transformalo en chan dotacional o que  atrasaría  o proceso  antes de  poder iniciar a construción do hipotético CIS.

Para Anxo Baz, portavoz do BNG “trátase dunha  repetida promesa electoral do PP, que o único que pretende e agochar os recortes e a mala xestión da Xunta de Galiza en materia de sanidade”.

O nacionalista rematou concluíndo “si o alcalde da Guarda, o Conselleiro de Sanidade e o PP  tiveran intención  de solucionar realmente  os problemas reais en materia de sanidade que ten a  nosa localidade, escoitarían  as demandas da veciñanza  e empezarían  por dotar o Baixo-Miño dunha ambulancia  medicalizada, dun dobre equipo médico para o PAC da Guarda, e por cubrir   as prazas de falcultativ@s que están vacantes  así como as baixas do persoal sanitario”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí