Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG apoia aos veciños de Caldelas ante o atentado ao patrimonio do acueduto do Pontillón

A moción foi aprobada por unanimidade, mais o goberno municipal aínda non fixo nada ao respecto.

A moción foi aprobada por unanimidade, mais o goberno municipal aínda non fixo nada ao respecto.

Fecha: 18 de Agosto de 2020

Fuente: BNG Tui

O BNG considera gravísima a actuación da Confederación hidrográfica derrubando o acueduto do Pontillón, de valor patrimonial importante e exixe a súa restitución e recuperación integral.

Feitos irresponsábeis como este vense se favorecidos pola falta de catalogación e posterior vixilancia e conservación dos elementos patrimoniais das nosas parroquias, que constitúen unha riqueza digna de actuacións decididas para a súa posta en valor e divulgación.

O BNG xa presentara unha moción no pasado pleno de maio, na que se incidía nesa necesidade de catalogación, recuperación e posta en valor do rico patrimonio parroquial. A moción foi aprobada por unanimidade, mais o goberno municipal aínda non fixo nada ao respecto.

A pesar disto, neste caso o BNG ponse a disposición do goberno municipal e dos grupos políticos da corporación, xunto cos veciños de Caldelas, para levar a cabo as accións que sexan precisas para conseguir a inmediata restitución, recuperación e conservación do elemento patrimonial espoliado.

Ademais, continuaremos exixindo ao goberno do PSOE unha decidida actuación na defensa do noso patrimonio, que pasa por cumprir o acordo municipal aprobado a instancias do BNG.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones