Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG comprométese a levar ao Parlamento Galego as demandas da veciñanza de Areas pola obra de adecuación da N-551

Na tarde do 17 de abril do 2024, os deputados do BNG no parlamento galego, Brais Ruanova e Paulo Ríos, xunto cos concelleiros do BNG de Tui, mantiveron una reunión coa veciñanza de Areas.

Na tarde do 17 de abril do 2024, os deputados do BNG no parlamento galego, Brais Ruanova e Paulo Ríos, xunto cos concelleiros do BNG de Tui, mantiveron una reunión coa veciñanza de Areas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Abril de 2024

Fuente: BNG Tui

Na tarde do 17 de abril do 2024, os deputados do BNG no parlamento galego, Brais Ruanova e Paulo Ríos, xunto cos concelleiros do BNG de Tui, mantiveron una reunión coa veciñanza de Areas.

 

Esta mesma trasladou a súa preocupación pola falta de atención ás demandas históricas no proxecto de adecuación das marxes da estrada Tul - A Guarda no tramo entre a nova rotonda das Bornetas e a rotonda da igrexa parroquial de Areas.

 

“Non se entende como un proxecto que vai custar máis dun millón de euros non contemple uns pasos de peóns en condicións que vertebren realmente o área comercial de Areas coa súa contorna” manifestou o deputado nacionalista Brais Ruanova ao que engade que “para o BNG a mobilidade sempre será unha verdadeira prioridade pública”.

 

O BNG de Tui, una vez máis, volve a denunciar a falta de planificación e comunicación por parte do goberno do Partido Popular coas veciñanza, que quedaron unha vez máis como espectadores ante proxectos do goberno da Xunta que non atenden a ningunha das suas proposta.

 

Isto leva a que a que as veciñas e veciños de Areas e de parroquias próximas teñan que cruzar polo medio da estrada arriscándose a ser atropeladas, como xa denunciaron repetidas veces dende a Plataforma de veciños de Areas.

 

Entendemos que a reclamación de pasos de peóns antes da rotonda do acceso ao área comercial de Areas é precisa para a seguridade viaria e para unha correcta circulación dos propios peóns” sinalou o deputado nacionalista.

 

Por outra banda o BNG entende que é necesario aumentar as áreas de beirarrúas seguindo criterios que permitan a circulación dos peóns, evitando os elementos que entorpezan o paso, elevando os pasos de peóns para obrigar a reducir a velocidade e entendendo que esa zona, ademais dunha zona de paso entre Tui e o resto de concellos do Baixo Miño, é a entrada para moitas persoas a un área comercial.

 

O BNG tamén afean a ausencia dun carril bici, a separación das paradas de autobús e o feche da antiga saída da autovía deixando a incerteza de se quedará como unha auténtica “estrada pantasma sen uso futuro próximo”.

 

Ante esta situación de abandono, e de falta de respecto cara veciñanza de Areas, e de Tui, no BNG comprometémonos a reclamar directamente no Parlamento Galego estas reivindicacións, porque as veciñas e veciños de Tui poden estar certos que no BNG teñen un aliado que defenderá os seus intereses alí onde teña voz.

 

Por último, o BNG local comunicou que levará tamén ao Pleno Municipal de Tui unha moción para que estas reivindicacións veciñais sexan compartidas polo mesmo e elevadas á Xunta de Galicia por parte do propio Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí