Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG considera deficiente rehabilitación da rúa Manuel Álvarez na Guarda

Con esta obra a Guarda volve a perder máis de 500 m² de espazos para o paseo de persoas

Con esta obra a Guarda volve a perder máis de 500 m² de espazos para o paseo de persoas

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Junio de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego considera insuficiente o proxecto de rehabilitación que está a levar a cabo o grupo de goberno do PSOE na rúa Manuel Álvarez.

Para o BNG estamos ante unha das poucas rúas de amplas e axardinadas beirarrúas que ten a Guarda e que en breve pasará a ser outro exemplo máis de despropósito urbanístico guardés.

O proxecto de rehabilitación que está a levar a cabo o PSOE consiste basicamente no recorte das beirarrúas duns 500 m² para destinar a aparcamento e a renovación das acometidas das casas e edificios. Resulta sorprendente que nin tan sequera se vaia a modificar a totalidade do firme das beirarrúas, unha obra que debera permanecer no tempo.

Para o BNG esta obra é claramente insuficiente e na liña dos anteriores gobernos do PP e do PSOE, coa teima de atallar con "solucións fáciles" e á lixeira problemas de ordenación urbanística, convertendo a Guarda nun vello "Scalestrix" de carreiras sen pés nin cabeza.

"Nós cremos noutro xeito de construír pobo, temos como modelo aos gobernos de Tomiño e Pontevedra: souberon transformar as súas poboacións para poñelas ao servizo das persoas, cidades e pobos para vivilos, algo que o Alcalde da Guarda aínda non é capaz de comprender", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG considera que o PSOE e o PP teñen tomado decisións erróneas que levan hipotecando á Guarda dende hai anos: Concepción Areal, Rúa do Porto, Alameda da Guarda, ... cunha visión do urbanismo desfasado e usando vellas fórmulas sen ningunha programación e deixando á improvisación, tal e como está a suceder coa rehabilitación de Manuel Álvarez.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones