Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG continúa demandando unha comunicación eficaz con Caminha

Anxo Baz: Un barco turístico de prezo desorbitado non é a solución. Goberno Central e Xunta de Galiza deben incluír nas súas axendas unha comunicación eficaz entre A Guarda e Caminha

Anxo Baz: Un barco turístico de prezo desorbitado non é a solución. Goberno Central e Xunta de Galiza deben incluír nas súas axendas unha comunicación eficaz entre A Guarda e Caminha

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Mayo de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O portavoz municipal do BNG na Guarda Anxo Baz, anuncia novas iniciativas no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego  para reclamar aos Gobernos do Estado e de Galiza unha comunicación   eficaz e sostíbel entre A Guarda e Caminha.

O nacionalista manifestou “Un barco turístico de prezo desorbitado non é a solución. Goberno Central e Xunta de Galiza  deben incluír nas súas axendas  unha  comunicación eficaz  entre A Guarda e Caminha”.

 “Resulta fundamental recuperar dunha maneira eficaz a comunicación con Caminha e, para iso, é preciso un compromiso entre os Gobernos do Estado español e Portugal, que conte ademais coa implicación da Xunta de Galiza e dos  concellos afectados a ambas as beiras do río Miño” reivindica Anxo Baz. Para a organización nacionalista deben estudarse as distintas alternativas de transporte posíbeis, para apostar finalmente por unha proposta que permita compatibilizar a conservación do alto valor ecolóxico do Esteiro do Miño coa posta en marcha dun novo medio de comunicación eficaz e sostíbel que conecte de forma áxil A Guarda con Caminha. 

O Portavoz Municipal  nacionalista aposta por un proxecto de futuro que poida servir para “avanzar na constitución dunha futura Eurocidade entre A Guarda e Caminha, que potenciaría as relacións económicas, sociais e culturais entre ambas localidades situadas a ambas beiras do Miño”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí