Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG convoca unha asemblea para informar da situación dos terreos de Fínola e do antigo Campo do Trega

Anxo Baz -Chamamos a veciñanza a participar nesta asemblea e a presentar alegacións para non perder 15.000 m2 de solo Público-

Anxo Baz -Chamamos a veciñanza a participar nesta asemblea e a presentar alegacións para non perder 15.000 m2 de solo Público-

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Julio de 2022

Fuente: BNG A Guarda

A Guarda precisa os 15.000 m2 que se lograrían desenvolvendo o Plan Especial PERI 5, formado pola Finca de Fínola, os terreos do antigo Campo de Fútbol do Trega e outras propiedades. Esta bolsa de terreo sería destinado a zonas verdes, aparcadoiros en superficie e  dotacións culturais, deportivas ou sanitarias.

 

O pacto   PSOE-PP reduce drasticamente o terreo público municipal

 

Ao sacrificar o desenvolvemento do PERI 5, segregando a Finca de Fínola deste plan, PSOE e PP, provocan unha redución drástica do terreo público municipal, deixando só 3.000 m2 en lugar dos 15.000 m2 para dotacións públicas.

 

A alternativa do BNG: desenvolver e urbanizar os terreos do PERI 5

 

O goberno municipal debe desenvolver e urbanizar os terreos que constitúen o PERI 5, pegados á Alameda, para conseguir 15.000 m2 de dotacións públicas para a veciñanza da Guarda.

 

É necesario que a veciñanza tome conciencia daquelas decisións que son irreversíbeis unha vez adoptadas e participe para impedilas, porque non se trata de intereses privados nin particulares senón de defender o interese público e a mellora da vida das xentes da Guarda.

 

Anxo Baz declarou “Presentar alegacións ao intento de PSOE e PP, demandando o desenvolvemento do PERI 5 e conseguir 15.000 m2 de terreos públicos, é contribuír ao benestar e progreso da vila da Guarda, polo que chamamos a participar na asemblea informativa o próximo luns 18 de Xullo no auditorio de San Bieito ás 20:30 horas”.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí