Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG creará un consorcio para solucionar as dificultades de galegas e galegos na súa relación coa tecnoloxía e facer competitivos os sectores económicos na transformación dixital

O cabeza de lista Luís Bará anuncia que o novo goberno do Bloque na Xunta de Galiza porá en marcha un Departamento de tecnoloxías intelixentes para desenvolver a intelixencia artificial

O cabeza de lista Luís Bará anuncia que o novo goberno do Bloque na Xunta de Galiza porá en marcha un Departamento de tecnoloxías intelixentes para desenvolver a intelixencia artificial

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Enero de 2024

Fuente: BNG

O BNG promoverá dende a Xunta de Galicia a creación dun ‘Consorcio para a capacitación e as competencias dixitais’, un organismo coa participación da Xunta, administracións locais e universidades para dar un gran pulo á transformación dixital da sociedade galega e corrixir a fenda que sofre parte da poboación.  

 

Esta proposta foi unha das presentadas no día de hoxe polo cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, nun encontro con persoas do sector das TIC, da discapacidade, persoas maiores, mocidade, mulleres e persoas de ámbitos urbanos e rurais, para avaliar e coñecer todas as dificultades que teñen no día a día na súa relación coa tecnoloxía e propoñer solución.

 

Bará destacou que para o Bloque é absolutamente clave, “unha prioridade de país”, abordar a transformación tecnolóxica e dixital, que sexa inclusiva e non deixe a ninguén atrás por razón de lingua, de idade nin de xénero, discapacidade, lugar de residencia ou de situación socioeconómica. “A tecnoloxía ten que garantir, ante todo, a equidade e a calidade de vida de toda a poboación”, subliñou.

 

Por iso, apuntou, proponse a creación do consorcio para afrontar a alfabetización da sociedade, a accesibilidade da administración, para que se adapte ás distintas necesidades da xente, e tamén para garantir a competitividade das empresas dos sectores produtivos, das pemes, das cooperativas, do comercio, e do turismo.

 

Destacou que será unha prioridade fundamental do novo goberno garantir a conexión de banda ancha en todo o territorio para facilitar un acceso igualitario a servizos e traballo.

 

Por último salientou que o Bloque desenvolverá no goberno un Departamento de tecnoloxías intelixentes para planificar o desenvolvemento da intelixencia artificial e anticiparse de maneira proactiva ás transformacións económicas, sociais e culturais que leva asociadas de maneira que tamén se garanta o cumprimento de criterios éticos, inclusivos, e sociais no desenvolvemento tecnolóxico e dixital.

 

 

Formación permanente

Segundo explicou o nacionalista, o consorcio desenvolverá programas de formación permanente e actualización para as administracións, a cidadanía, as entidades sociais, o tecido empresarial e produtivo prestando especial atención ás pemes, microempresas e á economía social. Tamén desenvolverá plans formativos de e-comercio e e-turismo, un programa de dixitalización e competencias dixitais no ensino e un programa de dixitalización de arquivos, bibliotecas e bens culturais, entre outras actuacións.

 

Para Bará é fundamental que a administración cumpra un papel central no impulso da axenda dixital para garantir a modernización e a transformación do país e un desenvolvemento equitativo e inclusivo porque considera que “a dixitalización ten que ser unha aliada, non unha fenda que exclúe e discrimina unha parte importante da cidadanía”.

 

O cabeza de cartel destacou, neste sentido, que a fenda pódese detectar en moitos sectores da poboación, ao igual que a candidata Viki Canoura, quen falou da fenda de xénero e de como as mulleres asumen ideas estereotipadas sobre que a tecnoloxía non é para elas, teñen falta de tempo ou falta dun equipo axeitado, xa que adoitan ter os que son rexeitados polo resto da familia.

 

Tamén se abordou a fenda por discapacidade e de persoas con necesitades especiais, que precisan en moitos casos adaptacións para traballar con determinadas ferramentas dixitais; a fenda de idade, xa que as persoas maiores teñen un menor uso de aparellos e ferramentas dixitais o que implica que non poden acceder a moitos servizos que operan dende estas canles; a fenda por localización xeográfica, posto que quedan amplas zonas do rural galego onde a cobertura móbil ou a cobertura de redes de alta velocidade é reducida ou inexistente; e a fenda do idioma, xa que as grandes compañías adoitan ter como idioma principal o inglés e só traducen as súas aplicacións a outros idiomas cando hai unha comunidade de falantes fortes ou autoridades que así o dispoñen. “No caso do galego a tradución de moitas destas ferramentas e aplicacións está agora en mans de persoas voluntarias”, lembrou Canoura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí