Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG cualifica de -intolerábel- que a conselleira Ethel Vázquez remita unha carta -chantaxista e macarra- á alcaldesa de Tomiño, tras as críticas da nacionalista á nova Lei da Auga

Luís Bará anuncia iniciativas parlamentarias ao fin de coñecer se a conselleira enviou a carta a outros concellos ou só aos críticos coa nova lei que multiplicará por tres os impostos da auga

Luís Bará anuncia iniciativas parlamentarias ao fin de coñecer se a conselleira enviou a carta a outros concellos ou só aos críticos coa nova lei que multiplicará por tres os impostos da auga

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Septiembre de 2021

Fuente: BNG

O portavoz de Infraestruturas e Medio Ambiente do BNG, Luís Bará cualifica de “intolerábel” que a conselleira, Ethel Vázquez remita unha carta “chantaxista e macarra” á alcaldesa de Tomiño, tras as críticas da nacionalista ao anteproxecto de lei da auga.

 

O parlamentario explica que tras a carta enviada á alcaldesa nacionalista, Sandra González coa ameaza de traspasar a Tomiño a xestión da EDAR, unha estación depuradora construída e xestionada pola Xunta desde o seu inicio, o BNG preguntará no Parlamento galego se a conselleira enviou unha carta coma esta a outros concellos cunha situación semellante (hai 28 depuradoras xestionadas pola Xunta) ou “se a advertencia só é para quen  ousa criticar ao goberno galego”.

 

Bará afirma que o BNG “non se vai deixar amedrentar” polo proceder da conselleira, nin aceptar “unha lei do silencio, con ameazas veladas a representantes públicas que ousan criticala”.

 

O BNG vai seguir adiante coa crítica a un proxecto de lei que ten unha finalidade recadatoria e que vai supoñer a multiplicación por tres dos impostos da auga (incluíndo un por depuración de auga da chuvia), ademais de  obrigar aos concellos a facer investimentos que comprometen a súa estabilidade financeira. Neste sentido, avanza que “desenvolveremos unha intensa campaña en todo o territorio galego, con mocións nos  concellos e deputacións e iniciativas no parlamento galego”.

 

Por outra parte, recalca que a situación actual do abastecemento de auga, saneamento e depuración de augas residuais é maiormente “responsabilidade da Xunta, que non fixo os deberes durante 20 anos e agora pretende pasarlle a pataca quente a concellos e deputacións”. Durante todo este tempo, engade o nacionalista, a Xunta desenvolveu unha política de “construción de infraestruturas clientelar e equivocada”. Clientelar porque distribuíu os orzamentos con criterios partidistas, e equivocada porque fomentou a construción de infraestruturas que non se axustan ás características de Galiza.

 

Ademais, este modelo con carencias e deficiencias nas redes e depuradoras, non só municipais senón tamén as xestionadas pola Xunta foron declaradas de interese xeral.

 

Augas de Galicia incumpriu a obriga, establecida na lei de augas de 2010, de aprobar os plans galegos de abastecemento e saneamento, instrumentos de planificación xeral que permitirían coñecer o estado actual das infraestruturas e determinar os criterios e liñas de actuación para o futuro. Unha cuestión, firma o deputado, previa á aprobación dunha lei como á que  se está a tramitar.

 

O BNG pide a retirada do anteproxecto de lei e abrir un proceso integral e consensuado

 

O goberno galego tampouco foi quen de levar adiante o Pacto Local da Auga, que debería establecer unha mesma estrutura tarifaría para todo o territorio galego e uns criterios claros para o reparto dos investimentos das administracións polo que insistiu en que o anteproxecto de lei debe ser retirado porque representa “un sabrazo da auga”.

 

É necesario abrir un proceso de diálogo e planificación que permita sentar as bases dun novo modelo, verdadeiramente integral e consensuado, para a xestión da auga en Galiza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí