Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG cualifica de -inxustificada- a subida do 22% da contribución que o PP quere aplicar na Guarda

Anxo Baz lembra que a veciñanza pagará dos gravames máis altos da provincia, só por baixo de Vigo e Pontevedra, pero sen recibir máis servizos

Anxo Baz lembra que a veciñanza pagará dos gravames máis altos da provincia, só por baixo de Vigo e Pontevedra, pero sen recibir máis servizos

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Octubre de 2023

Fuente: BNG A Guarda

O grupo municipal do BNG na Guarda non apoiará a suba da contribución (IBI) do 22% que o Partido Popular e Fariñas pretenden facer pagar á veciñanza do municipio. Para as e os nacionalistas a subida do gravame do 0,5 ao 0,61 está totalmente “inxustificada”, xa que non está sustentada en ningún tipo de estudo económico nin suporá ningunha mellora directa para a vila nin en servizos nin en investimentos.

 

O BNG destaca que a suba do PP só fará que a veciñanza da Guarda soporte unha das presións fiscais máis altas da provincia, posto que só Vigo e Pontevedra cobran por riba da cifra proposta polo novo alcalde Roberto Carrero.

 

O grupo municipal cuestionou no Pleno a motivación que leva ao novo goberno  a subir o IBI, cando de maneira xeral o PP presume de defender as baixadas de impostos e o liberalismo que claro está sempre beneficia aos que máis teñen. Preguntou que ten cambiado con respecto a hai un ano cando, na oposición, o grupo popular falaba de que guardesas e guardeses debían facer fronte na súa vida diaria a “facturas disparatadas” de gas, luz e carburantes, e votou en contra da subida da Plusvalía para adaptala á lei a pesares de estar motivada por unha sentenza do Tribunal Constitucional.

 

“Sorprende  que a primeira medida do grupo de goberno sexa unha suba de impostos cando hai un ano e dende a oposición demandaba rebaixas nos impostos municipais. Non é o mesmo estar na oposición que no goberno, verdade?”, subliñou o portavoz  nacionalista.

 

 

O grupo nacionalista do BNG recoñeceu que os impostos municipais como IBI son unha fonte importante de ingresos para os concellos, que igual que a cidadanía deben facer fronte ao incremento xeneralizados dos prezo e á asunción de competencias impropias -como son o servizo de Axuda ao Fogar, que deberan ser atendidas pola Xunta de Galiza-, máis insistiu en que propostas como a do PP para o IBI deben estar correctamente xustificadas cun estudo económico, ademais de explicar a que irá destinado o aumento nos ingresos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí