Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG da Guarda apoiará as axudas para a hostalaría e outros sectores afectados polo peche obrigatorio

De ter unha liña Covid dentro dos orzamentos municipais, as cuantías desta e outras axudas futuras serían facilmente mellorabeis e non dependerían en exclusiva das achegas da Deputación.

De ter unha liña Covid dentro dos orzamentos municipais, as cuantías desta e outras axudas futuras serían facilmente mellorabeis e non dependerían en exclusiva das achegas da Deputación.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Marzo de 2021

Fuente: BNG A Guarda

Pese a imposibilidade de incorporar melloras sustanciais ao  documento achegado polo goberno municipal, o BNG   apoiará as bases de concesión de axudas para os/as afectados/as polo peche obrigatorio do mes de xaneiro na hostalaría e outros sectores  porque son vitais para a supervivencia dos negocios.

O grupo de goberno do PSOE imposibilitou calquera posíbel mellora do texto por parte dos grupos da oposición, negándose a recoller as súas aportacións coa escusa de axilizar o proceso.

As emendas presentadas polo BNG e que previamente foron consensuadas co sector propoñian:

  • Engadir o mes de decembro de 2020 dentro do periodo xustificativo de perdas dado que o peche encuberto xa se viña padecendo desde ese mes.
  • Aumento do importe máximo da axuda por establecemento dos 700 € aos 1.000 €, aumentando  o orzamento de 55.000 € a 70.000 €. Hai que ter en conta que desta cantidade o Concello recibe 30.000 € directamente da Deputación para este fin. Os 25.000€ restantes tamén proceden do Plan Concellos da Deputación.
  • Ponderación dos plazos de xustificación en base a carga de traballo das asesorías e a urxencia das axudas.

O  portavoz municipal do  BNG Anxo Baz lamenta que “o goberno guardés a pesar de chamarnos a negociar estas bases presentouse con unha proposta pechada de antemán facendo da pretendida negociación unha pantomima na que xa tiñan decidido o resultado final”.

Dende o BNG láianse  tamén da falta de previsión do goberno municipal, que non contemplou nos orzamentos do Concello aprobados recentemente ningunha partida para  situacións como esta  que son previsibeis  en tempos de pandemia.

De ter unha liña Covid dentro dos orzamentos municipais, as cuantías desta e outras axudas futuras serían facilmente mellorabeis  e non dependerían en exclusiva das  achegas da Deputación.

Con todo, o BNG adianta a seu posicionamento favorábel a estas axudas para quitar adiante calquera iniciativa que  beneficie os sectores máis perxudicados por esta crise como xa fixemos con anterioridade coa batería de propostas  aprobadas a instancias do BNG  despois do confinamento: rebaixa da taxa do lixo, gratuidade das taxa das terrazas,   desconto nas licenzas de apertura, etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí