Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG da Guarda demanda a convocatoria dunha xunta de portavoces para tratar a crise dos pellets no mar

Anxo Baz: -Temos que estar preparados ante unha previsíbel afectación da costa da Guarda-

Anxo Baz: -Temos que estar preparados ante unha previsíbel afectación da costa da Guarda-

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Enero de 2024

Fuente: BNG A Guarda

Ante a incerteza de todo canto está a acontecer no tocante a limpeza das praias o BNG  urxe sumar esforzos, coordinar e formar o voluntariado, pero sobre todo esixir o compromiso real  das  administracións competentes na materia que a día de hoxe non existe.

 O portavoz municipal do BNG  manifestou “temos que estar preparados ante unha  previsibel afectación da costa da Guarda. Cumpre elaborar un plan de continxencia e adiantarse na medida do posíbel aos acontecementos.   A experiencia dos concellos onde goberna o BNG dinos que estes plans non están contando ca axuda dun goberno da Xunta desaparecido, adicado  máis ben á batalla  electoralista co goberno do Estado que a solucionar o problema que estamos a vivir no mar. Toca limpar, traballar e facelo ben, e ata hoxe os concellos onde ten chegado a vertedura están totalmente sós”.

Ao  nacionalista preocúpalle a posición do goberno galego, máis pendente da precampaña electoral que de atallar as graves consecuencias que pode deixar no  sector pesqueiro e no medio ambiente esta vertedura e manifesta “non é de recibo que a Xunta  derive a responsabilidade da limpeza das praias aos concellos, como si se tratara dunha simple  posta a punto  das praias na tempada estival”.

 
Anxo Baz concluíu dicindo “A sociedade guardesa ten dereito a saber si o goberno local está dando algún paso ou simplemente está de brazos cruzados agardando a que os pellets invadan a nosa costa. Si ten algún dispositivo preparado e en que consiste. Si contamos cos materiais para a limpeza de praias necesario. Si a Xunta de Galiza despregou nesta comarca algún efectivo.  En resumo o BNG esixe un plan que permita abordar con eficacia a posíbel chegada dos pellets a costa guardesa”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí