Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG da Guarda demanda un incremento da partida destinada a emerxencia social da área de igualdade

Neste 25 de Novembro atípico, o BNG da Guarda solicita medidas para paliar os efectos da crise económica e social provocada polo COVID-19 nas vítimas de violencia machista.

Neste 25 de Novembro atípico, o BNG da Guarda solicita medidas para paliar os efectos da crise económica e social provocada polo COVID-19 nas vítimas de violencia machista.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Noviembre de 2020

Fuente: BNG A Guarda

Se temos en conta os datos de feminicidios cometidos nos últimos anos temos aínda moito traballo por facer. É imprescindible rachar co silencio e apostar pola sensibilización da sociedade e a prevención, desenvolvendo accións dirixidas  ao conxunto da sociedade sobre os danos provocados pola desigualdade e as condutas violentas.

A Concelleira do BNG na Guarda Bea Lomba sinala “Se ben é certo que temos dado pasos adiante como sociedade na visibilización das violencias machistas, fica moito por facer. Aínda que os datos oficiais indican un descenso no número de denuncias e tamén das ordes de protección, non podemos caer no erro de pensar que a situación mellorou. A realidade é que as mulleres conviven moito máis tempo cos seus agresores, moitas veces en situacións de precariedade económica que agravan aínda máis os problemas”.

Para  o BNG é necesario dar unha resposta a esta situación de indefensión  e as novas situacións que xorden  polo COVID,  e aumentar os recursos disponíbeis para lle facer fronte.

Por todo isto, neste 25 de Novembro atípico, o BNG da Guarda solicita medidas para paliar os efectos  da crise económica e social provocada polo COVID-19 nas  vítimas de violencia machista, recollidas nunha moción onde se lle solicita o goberno local o incremento  da partida destinada a emerxencia social do CIM.

A proposta tamén recolle a reclamación á  Xunta de Galiza do incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia machista no proxecto de orzamentos de 2021.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí