Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG da Guarda denuncia a precariedade laboral das mulleres na covid

Non podemos permitir que a pandemia sexa a coartada para conxelar avances sociais nin para retroceder nos nosos dereitos. Esta crise non a imos pagar as mulleres

Non podemos permitir que a pandemia sexa a coartada para conxelar avances sociais nin para retroceder nos nosos dereitos. Esta crise non a imos pagar as mulleres

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2021

Fuente: BNG A Guarda

O BNG da Guarda ven de presentar unha moción  este  8 de marzo na que demanda do goberno central o aumento dos recursos destinados á inspección laboral e a súa transferencia á Comunidade autónoma galega. E da  Xunta de Galiza a asumir as súas competencias en materia de atención á dependencia.

 

A pandemia fixo visíbel o papel esencial das mulleres para o sostemento da vida e aqueles traballos esenciais para a sociedade. Enfermeiras, persoal sanitario, caixeiras de supermercados, coidadoras... Mulleres que estiveron en primeira liña combatindo a Covid.

 

“ Estes empregos están ocupados na súa maioria por mulleres, sendo ademáis os máis precarios e invisibilizados, moitos deles sen cobertura legal, a pesar do recoñecemento social e institucional, un ano despois as súas condicións laborais, economicas e sociais, non melloraron”,  destacou Bea Lomba, concelleira do BNG. Estes sectores sofren un maior impacto pola precariedade das súas condicións, froito das carencias dun sistema público de servizos básicos  forte e pola falta de medidas por parte da Xunta e do goberno central.

 

A crise da covid deixou en Galicia unha destrucción  de 21.000 empregos dos que 15.900 estaban ocupados por mulleres . A fenda salarial  continúa a superar o 20% e ten tamén o seu correlato na fenda das pensións, cobrando as pensionistas galegas unha media de 300 euros menos. Esta situación continuará empeorando de non tomarse medidas.

 

Cómpre dar unha resposta contundente  a esta situación, concluiu Bea Lomba “Non podemos permitir que  a pandemia sexa  a coartada para conxelar avances sociais nin para retroceder nos nosos dereitos. Esta crise non a imos pagar as mulleres”. Dende o BNG da Guarda animamos a participar na folga  e na concentración convocada pola CIG, o próximo día 8  para construir un futuro de igualdade, liberdade e feminismo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí