Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG da Guarda urxe compromisos económicos para atallar a violencia machista en vésperas do 25 de novembro

Bea Lomba -Nun contexto onde, medran os discursos que cuestionan a violencia machista, as administracións deben revalidar o seu compromiso e apoio económico ao fomento da igualdade e loita contra estas violencias-.

Bea Lomba -Nun contexto onde, medran os discursos que cuestionan a violencia machista, as administracións deben revalidar o seu compromiso e apoio económico ao fomento da igualdade e loita contra estas violencias-.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Noviembre de 2022

Fuente: BNG A Guarda

As Concelleiras do BNG na Guarda, Bea Lomba e Nuria Vázquez veñen de facer pública a presentación dunha moción onde solicitan  as administracións maiores compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista.

 

Nuria Vázquez declarou “A violencia machista segue forte na nosa sociedade. Proba disto son, por exemplo, os datos recentes dados a coñecer a mediados de outubro por parte do Observatorio do Consello Xeral do Poder Xudicial que indicaba que os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre de 2022 ata 1.813 denuncias por violencia machista, un 9,9% máis que no mesmo período de 2021”.

 

Bea Lomba pola súa parte manifestou “Nun contexto onde, ademais, medran os discursos misóxinos que cuestionan a desigualdade e a violencia machista, é necesario que as administracións revaliden o seu compromiso co impulso e o apoio económico das medidas en materia de fomento da igualdade e loita contra estas violencias”.

 

Entre as reivindicacións presentadas polas nacionalistas  demándase da Xunta de Galiza que reforce o financiamento anual dos Centros de Información á Muller (CIM) garantindo, asemade, que o Programa de apoio aos CIM cubra os custes de persoal e de mantemento, favorecendo o desenvolvemento de actividades e programas de prevención da violencia machista e de promoción da igualdade así como a incorporación de novos perfís profesionais aos centros. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí