Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG de Tomiño critica a -política de barro- na que parece estar instalada a portavoz do PP Lara Meneses desde as eleccións municipais

Lara Meneses critica que o persoal de confianza non teña experiencia política cando ela en menos dun ano pasou de non participar en política a colocarse de persoal de confianza do PP en Santiago

Lara Meneses critica que o persoal de confianza non teña experiencia política cando ela en menos dun ano pasou de non participar en política a colocarse de persoal de confianza do PP en Santiago

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Agosto de 2023

Fuente: BNG Tomiño

O BNG de Tomiño quere saír ao paso das criticas suxas e demagóxicas de Lara Meneses que non fan máis que evidenciar que continúa coa liña de “política do barro” que practicou durante toda a campaña das eleccións municipais.

Lara Meneses non ten reparos de cualificar de “enchufismo” o nomeamento da persoa que ocupa o posto de persoal confianza do Concello de Tomiño e mesmo afirma “é unha autentica cacicada poñer nese posto a unha persoa sen experiencia política”. As declaracións da portavoz do PP de Tomiño póñena en evidencia toda vez que ela mesma acaba de comunicar que deixa o seu posto de traballo para incorporarse a un posto político de persoal de confianza no PP en Santiago. Esa suposta falla de experiencia política que pide para os demais non a aplica para ela, en menos de 1 ano pasa de non participar en política a vivir dela.

A demagoxia de Lara Meneses chega a un nivel extremo ao criticar o importe de salarios de dedicacións exclusivas do Concello de Tomiño por valores de 24.000 euros ou de 33.000 euros pois precisamente o PP vén de aprobar hai dias no pleno da Deputación o salario que cobrará Lara Meneses cando asuma a acta de deputada provincial cun importe de 54.406 euros.

Máis para o BNG de Tomiño o que nos parece máis deplorable son as declaracións de Lara Meneses respecto da dimisión da concelleira Ana Fernández aludindo “non se senten cómodos no equipo que teñen debido as súas liortas internas”. Estas declaracións mostran unha mesquindade política inadmisible en política, toda vez que Lara Meneses e concelleiros do PP foron informados dos problemas persoais e familiares que motivaron a dimisión da concelleira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí