Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Tui considera o aparcamento soterrado de Tui unha -hipoteca de 50 anos para Tui-

Hoxe en dia non se sustenta unha inversión tan grande cando, por moito menos, pódese facer un estudo de impacto ambiental nos arredores do centro, e habilitar un aparcamento en superficie, con espazo arborado ao arredor.

Hoxe en dia non se sustenta unha inversión tan grande cando, por moito menos, pódese facer un estudo de impacto ambiental nos arredores do centro, e habilitar un aparcamento en superficie, con espazo arborado ao arredor.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Diciembre de 2020

Fuente: BNG Tui

O BNG de Tui leva varios meses insistindo no erro do equipo de goberno local (PSOE +Son de Tui) de avanzar cun aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica. No pasado apostamos polo mesmo no noso programa pero, tras moitas análises, entendemos que pode ser un gran erro e que hipotecará o Concello de Tui durante mais de cincuenta anos. Hoxe en dia non se sustenta unha inversión tan grande cando, por moito menos, pódese facer un estudo de impacto ambiental nos arredores do centro, e habilitar un aparcamento en superficie, con espazo arborado ao arredor.

Como idea a considerar, propuxemos, en varios plenos construílo en parte da traseira de Canfran, onde podemos ter en superficie entre 300 e 400 prazas. Un lugar a 5 minutos do centro onde se pode ubicar tamén, no futuro, unha Estación de Buses, facilitando a intercomunicación “aparcadoio- estación de buses e de tren”. A maiores do gasto en inversión, como a posible compra (se a concesionaria non as vende) de aproximadamente 80 prazas, hai que sumar os gastos en limpeza, iluminación, extracción de aire (se o modelo de construcción o obliga), etc… Insitimos, en que todos os aparcamentos dos arredores, como por exemplo o de Baiona, O Porriño, alguns de Vigo foron rescatados, xa que non son rentables. E isto suporía un gasto  enorme para o propio Concello, deixando por iso de facer moitas inversión e proxectos, que mesmo poderían ser dunha importancia maior.

Ao realizar dito aparcamento soterrado e eliminar todos os aparcadoiros gratuítos das rúas Ourense e Compostela, fará que asista ao centro menos persoas das parroquias e de fora do concello, xa que ao ter que abonar por aparcar, estes, mudaran as súas compras a grandes superficies dos arredores do centro con aparcadoiro gratuíto. Isto último, pode levar consigo un empobrecemento do comercio local do centro da cidade, comercio de proximidade polo que o BNG aposta firmemente fronte as grandes superficies.

Fronte as árbores en maceta enriba do aparcamento que propón o equipo de goberno, (que custará mais de 3 millóns de euros ao propio Concello), nós, a nivel ambiental, na parcela que propoñen para esta desfeita, apostamos por un gran parque con arbores e xardín, que faría do novo centro da cidade un lugar mais saudábel, cunha mellora na regulación da temperatura nos meses mais cálidos do ano, e unha zona mais atractiva para o lecer, o que vai a favor do comercio local dos arredores e a imaxe paisaxística e arquitectónica da cidade.

O BNG insiste en que este tipo de proxectos teñen que ser consensuados con todas as forzas políticas e os diferentes axentes sociais. Así, no Pleno pasado, toda a oposición votou a favor da proposta do BNG de deixar sobre a mesa o proxecto para valorá-lo com tempo e co maior consenso social. Infelizmente o equipo de governo volve a mostrar que non aposta polo diálogo e prefire embarcar-se só, sen apoio de nengunha forza política mais, nesta aventura sen volta atrás e sen exito asegurado que pode hipotecar o futuro urbanistico de Tui e impedir o deseño dunha cidade aberta, humana e habitábel, que o BNG defende. Unha lástima.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones