Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Tui defende a ubicación do mercado dos xoves no centro da cidade

Carmen Núñez, acusou ao goberno municipal de saltarse a mesma ordenanza que obriga a cumprir aos vendedores baixo a ameaza de retirarlles as licenzas.

Carmen Núñez, acusou ao goberno municipal de saltarse a mesma ordenanza que obriga a cumprir aos vendedores baixo a ameaza de retirarlles as licenzas.

Fecha: 23 de Julio de 2020

Fuente: BNG Tui

No pleno extraordinario celebrado onte a portavoz municipal, Carmen Núñez, acusou ao goberno municipal de saltarse a mesma ordenanza que obriga a cumprir aos vendedores baixo a ameaza de retirarlles as licenzas. A ubicación do mercado é competencia plenaria pero o goberno municipal utilizou a desculpa da seguridade pola Covid 19 para trasladar o mercado, sen acadar aprobación plenaria e comprometéndose ante os ambulantes a reubicalo en caso de non dar resultado nesta nova localización. Onte afirmou no pleno que a súa intención é que esta ubicación sexa definitiva.

Para o BNG o goberno local mostra as mesmas formas impositivas e pouco dialogantes que criticaba do anterior goberno cando era oposición. Esta forma de actuar autoritaria e pouco democrática, negándose por unha parte a valorar outras localizacións alternativas, que permitirían cumprir as normas de seguridade necesarias pola Covid-19 e que permitirían manter o mercado no casco urbano, favorecendo así a hostelería e o comercio local. Ademais, acusan ao goberno municipal de negarse a debatir en pleno o asunto, forzando a solicitude de pleno extraordinario por parte dos grupos da oposición. Neste sentido o BNG defende manter o mercado na súa anterior ubicación, extendéndoo á rúa Augusto González Besada, facéndoa peonil os xoves, o cal sería unha verdadeira humanización, e permitiría unificar todos os espazos que anteriormente ocupaba o mercado. Ademais esta proposta podería supor unha ubicación definitiva, toda vez que o lugar agora determinado polo goberno local será forzosamente de carácter transitorio ó non ser os terrenos de titularidade municipal.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones