Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG de Tui oponse ao derrubo da casa na finca Patazumba

O partido nacionalista indica que o proxecto constitúe -un atentado máis contra o patrimonio tudense- e propón alternativas para a saída da rúa Ourense

O partido nacionalista indica que o proxecto constitúe -un atentado máis contra o patrimonio tudense- e propón alternativas para a saída da rúa Ourense

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Marzo de 2023

Fuente: BNG de Tui

Perante a noticia na que se informaba sobre a returada uns metros do hórreo da finca Patazumba e o derrubo da casa, para abrir a rúa Ourense ata a AVenida da Concordia, o BNG de Tui manifesta a súa oposición ao proxecto por "constituír un atentado máis contra o patrimonio tudense".

O partido indica que, á hora de falar de calidade de vida nas cidades, "temos a obriga de evitar degradacións que se producen, tanto abientais como paisaxistas, e ter claros os elementos a protexer, tentando que a pegada sexa a de menor impacto posíbel".

O BNG indica que a cidade de Tui ten "moi pouca" zona verde, ata o punto de non cumprir os estándares mínimos de 15 metros cadrados por cada 100 metros cadrados edificables. Por tanto, para os nacionalistas está "fóra de toda lóxica" desenvolver áreas residenciais como as proxectadas sen cumprir con estes estándares mínimos de zonas verdes.

No caso da finca Patazumba, composta por unha casa principal, unha calustra e un valado, para o partido "non se entende que se derrube un fantásticos bens patrimoniais coma estes para encher o espazo de construcións de cemento e construír unha rotonda". Seguindo os criterios europeos de rehabilitación e rexeneración con sostibilidade territorial, como pode ser o proxecto Axenda Urbana, segundo apunta o partido, derribar todo este espazo para dar cabida a "monstros de cemento" é un "despropósito".

Así, o BNG de Tui solicita que se reflexione sobre o proxecto e se consideren alternativas. Para os nacionalistas, as administracións públicas teñen que dar exemplo e pensar que "non todo vale", xa que os intereses particulares de construtores non deben ser prioritarios.

O partido da oposición indica que o planeamento urbanístico de Tui foi xestado no século pasado, de aí que non respecte os parámetros e concepcións de espazos urbanos propias da actualidade. Na súa opinión, a finca Patazumba ten que ser de utilidade pública, polo que o seu futuro debe pasar "pola restauración coidadosa, que poña en valor cada elemento do lugar". "A memoria dun pobo, dunha cidade, tamén pasa por respectar estes lugares emblemáticos", argumenta o partido nacionalista.

Así, o Bloque Nacionalista tudense propón converter a zona nun espazo verde no que teñan cabida distintas actividades como concertos ao aire libre, zonas de encontros, paseos, e actividades de convivencia veciñais. Unha proposta podería ser un museo popular de artes e oficios, que o partido lembra que non existe aínda na cidade.

Como alternativa á "desfeita" e a este derrubo, o BNG indica que a saída da rúa Ourense podería pivotar pola rúa Mártires de Sobredo. O partido indica que hai "espazo suficiente" para unha rotonda, e que esta opción mantén alternativas para entrar e saír, por exemplo facendo vías únicas polas dúas rúas paralelas. Outra opción que aporta o Bloque é que o trazado final da rúa Ourense "vire suficientemente cara á dereita ou á esquerda" para rodear este espazo a protexer.

Deste xeito, se se conseguise finalmente levar a cabo o proxecto proposto de cubrimento da vía do tren, permitiríase unha comunicación directa co centro da cidade, coa Avenida de Baiona, coa praza de Abastos e cos aparcamentos que esta obra poida producir. "Derrubar é moi fácil; preservar, adaptar e dar utilidade aos sitios é máis beneficioso para as futuras xeracións", conclúe o BNG de Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí