Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Tui oponse radicalmente ao aparcamento subterráneo e propón unha gran zona verde

Na súa intervención, a voceira municipal do BNG de Tui, Carme Núñez, criticou a présa e a improvisación coa que o goberno do PSOE quere aprobar este proxecto, guiados talvez por intereses electoralistas.

Na súa intervención, a voceira municipal do BNG de Tui, Carme Núñez, criticou a présa e a improvisación coa que o goberno do PSOE quere aprobar este proxecto, guiados talvez por intereses electoralistas.

Fecha: 30 de Mayo de 2020

Fuente: BNG Tui

No anterior pleno ordinario da corporación municipal de Tui, vense de aprobar o inicio dos trámites para a construción dun aparcamento subterráneo no traseiro da Área Panorámica por valor de 3 millóns de euros. Na súa intervención, a voceira municipal do BNG de Tui, Carme Núñez, criticou a présa e a improvisación coa que o goberno do PSOE quere aprobar este proxecto, guiados talvez por intereses electoralistas. Chamou á reflexión sobre a necesidade real e vantaxes que irá supoñer o mesmo. Ademais plantexou a realización dun estudo de posíbeis alternativas, que non supoña o enorme gasto ao que se vai enfrontar o concello, nunha concesión de 40 anos que suprime 400 prazas de aparcamento en superficie non regulado pola creación de 298, das que 36 deben ser compradas para o Centro de Saúde.

Os nacionalistas defenderon que "nun contexto no que modelo de cidade e concepto de mobilidade está cambiando, débese ter mirada de futuro e retirar os coches da cidade mediante aparcamentos disuasorios, deixando a cidade para as persoas", propoñendo no canto do aparcamento unha grande zona verde que actúe como pulmón no centro da cidade nova, definindo a aprobación deste acordo municipal como "o camiño cara a perda dunha oportunidade única".

Resaltan ademais que o actual proxecto pode condicionar o futuro económico e o modelo urbanístico da cidade, aumentando a concentración de vehículos privados, cando existe a posibilidade de cubrir esas prazas en espazos situados a menos de 5 minutos do centro.
O BNG iniciará unha campaña social en contra deste proxecto, facendo fincapé na necesidade dunha humanización real da cidade, con ampliación das rúas peonís e das beirarrúas, e un maior número de zonas verdes: un espazo concibido para as persoas, tal como se aplica con éxito, non só en grandes cidades europeas, senón en outros concellos próximos como Tomiño ou Pontevedra.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones