Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG de Tui reúnese co Grupo de Goberno para facer un seguimento do proxecto de transporte interparroquial

O BNG de Tui xa ten feito algún borrador de proposta e cre que este necesario e ambicioso proxecto é posíbel.

O BNG de Tui xa ten feito algún borrador de proposta e cre que este necesario e ambicioso proxecto é posíbel.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Noviembre de 2023

Fuente: BNG Tui

O Consello Local informa da reunión mantida polo grupo municipal do BNG co grupo de Goberno Municipal e os técnicos e expertos da área de transporte, para analisar a situación actual e as distintas perspectivas de actuación no ámbito do transporte público desde as parroquias do noso concello.

 

O proxecto de comunicar as parroquias de Tui co centro mediante unha liña de autobuses é unha vella reivindicación do BNG, xa formulada desde hai muitos anos nos seus sucesivos programas electorais. Para alén dos beneficios medioambientais evidentes, estas liñas de transporte público entre as parroquias e o centro favorecen a mobilidade das persoas das zonas rurais, que non dispoñen de transporte privado ou maiores que dependen da axuda de familiares. Contribuirían asimesmo á reducción do número de vehículos que se desprazan ao centro urbano con a conseguinte disminución da presión e de necesidade de aparcamento.

 

O BNG de Tui xa ten feito algún borrador de proposta e cre que este necesario e ambicioso proxecto é posíbel. Neste mandato municipal pode chegar a verse realizado se dá en bo termo o acordo ao que chegamos os nacionalistas co PSOE de Tui. Nese acordo, lembramos, o BNG apoiaba as adicacións do equipo de goberno e este comprometíase, entre outras medidas, a facer un estudo pormenorizado das posibilidades da creación destas liñas de autobuses. No día de hoxe, tivo lugar o primeiro encontro para ver propostas e e distintas alternativas. Valoramos este encontro positivamente.

 

O BNG de Tui continuará participando no seguimento do cumprimento dos puntos acordados co equipo de goberno municipal e contribuindo, na medida do posíbel a que estes se realicen, porque consideramos que serán enormemente beneficiosos para a sociedade tudense.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí