Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG defende unha alternativa sólida e práctica para o novo acceso ao Porto da Guarda

O PSOE leva tres anos de inmobilismo e o PP ilustra a súa inoperactividade diante da Xunta de Galiza

O PSOE leva tres anos de inmobilismo e o PP ilustra a súa inoperactividade diante da Xunta de Galiza

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Julio de 2021

Fuente: BNG A Guarda

O pobo da Guarda dispón actualmente de dúas opcións para construír o Acceso Sur do Porto: a alternativa 2, defendida polo alcalde, PSOE e PP; e a alternativa 3, defendida polo BNG.

 

A alternativa 2, que defenden PSOE e PP, foi informada desfavorabelmente pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza. 

 

O informe da Xunta recoñece que hai outra alternativa máis acaida para o seu trazado, tal como é a alternativa 3, defendida polo BNG. Textualmente, indica: 'O proxecto contempla unha alternativa máis axeitada (Alternativa 3), cuxo trazado coincide maiormente cunha estrada existente. Dende o punto de vista da protección do patrimonio cultural e da contorna paisaxística, debería desenvolverse a dita alternativa de trazado'.

 

Ademais, a alternativa do BNG supón aforrar medio millón de euros, garantir o informe favorábel da Xunta de Galiza e facer realidade o acceso sur ao porto da Guarda. Fronte a esta posición está o inmobilismo e inoperancia do PSOE, que leva tres anos co acceso nun caixón e cun alcalde que lle ocultou ao pobo da Guarda o informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio.

 

Por outra parte, as declaracións do PP son de vergoña allea para xustificar a súa alianza co PSOE, para que as cousas non avancen e para manter o proxecto do acceso ao porto da Guarda no caixón da Alcaldía. Ben faría o PP en procurar fondos públicos diante da Xunta de Galiza para que esta obra gozase dunha financiación necesaria para poder executala.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones