Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG denuncia a inacción do PP de Carrero no goberno da Guarda

Anxo Baz: -Estamos diante dun goberno municipal sen rumbo, sen dedicación e con pouca atención aos cidadáns-

Anxo Baz: -Estamos diante dun goberno municipal sen rumbo, sen dedicación e con pouca atención aos cidadáns-

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Enero de 2024

Fuente: BNG A Guarda

O BNG considera que estamos diante dun goberno absolutamente incapaz de afrontar os grandes temas que son fundamentais para darlle futuro a Guarda nos vindeiros anos. Da parálise na que está instalado o goberno do PP e Fariñas é unha boa mostra,  que a día de hoxe, non  teñan como mínimo, un borrador dos orzamentos para o ano 2024.

 

No relativo á piscina municipal, non foron capaces de dar un paso adiante en 7 meses. Seguimos sen proxecto de reforma (a pesar de contar cunha subvención de 1.500.000 €), sen pregos de explotación, sendo coñecedores de   que a empresa concesionaria anunciou  en varias ocasións a intención de deixar de prestar o servizo  pola situación de precariedade na que se atopa a  piscina.

 

Nada se ten avanzado co novo acceso ao porto, paralizado pola falta de criterio a nivel municipal e por  unha Xunta de Galiza que mira para outro lado.

 

A conexión con Caminha sigue sen servizo desde finais do verán, tampouco parece estar na axenda do Alcalde, a pesares de ocupar o cargo de  responsábel  de Cooperación Transfronteiriza na Deputación de Pontevedra.

 

Resulta preocupante tamén a xestión do lixo, por non ter dado ningún paso para adaptarse á nova normativa de residuos o que previsibelmente vai provocar importantes sancións para o Concello da Guarda no futuro.

 

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz considera “ que este goberno ademais de ser  incapaz de afrontar cun mínimo de seriedade os grandes retos de futuro que ten a Guarda tampouco  e quen  de atender o día a día da vida municipal” para acabar concluíndo  “estamos diante dun goberno sen rumbo, sen dedicación e  con pouca  atención aos cidadáns”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí