Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG denuncia o desleixo da alcaldesa coa sanidade de Oia

A señora alcaldesa coa complicidade do seu equipo de goberno non admitiron que se votaran. Aínda así no BNG solicitamos que entraran pola vía de urxencia onde foron expostas ante o pleno; novamente o pp rexeitou que se votaran.

A señora alcaldesa coa complicidade do seu equipo de goberno non admitiron que se votaran. Aínda así no BNG solicitamos que entraran pola vía de urxencia onde foron expostas ante o pleno; novamente o pp rexeitou que se votaran.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Agosto de 2021

Fuente: BNG Oia

O xoves 29  celebrouse pleno no concello de Oia. Presentamos dúas Mocións sobre “a nova tarifa eléctrica” e Moción sobre “a situación de deterioro na atención primaria de Oia. Restabelecemento inmediato dunha atención digna para Oia.”

A señora alcaldesa coa complicidade do seu equipo de goberno non admitiron que se votaran. Aínda así no BNG solicitamos que entraran pola vía de urxencia onde foron expostas ante o pleno; novamente o pp rexeitou que se votaran.

Ante esta negativa foron advertidos que serán responsables xunto coa xerencia da área sanitaria de calquera incidencia que poida padecer un usuario/a no centro de saúde debido á situación de desleixo no que se atopa ante a pasividade da Xunta.

Votaron en contra de debater e acordar o seguinte:

Instar á Xunta de Galiza a garantir unha atención sanitaria digna no concello de Oia, cubrindo a totalidade das ausencias dos profesionais sanitarios, reforzando enfermaría e psx e dotando ao centro de saúde dun servizo de pediatría a xornada completa e unha enfermeira pediátrica."

A parvada da concellería da “felicidade” dous anos despois poderiámola trocar pola do engano, pero un engano que pódelle saír moi caro á nosa saúde. O xerente da área sanitaria de Vigo Javier Puente e a alcaldesa de Oia Cristina Correa seica mantiveron unha xuntanza afirmando que no noso centro o problema que hai é unha situación puntual e conxuntural.

Pois no BNG dicímoslle que non lle falten ao respecto aos veciños/as de Oia, propoñémoslle que melloren as condicións laborais dos profesionais que están sometidos a cargas de traballo e presión inadmisibles, instámolos a que non sigan coas políticas de precariedade laboral, cos recortes na sanidade pública en beneficio da privada, que non mintan á veciñanza.

Poden comezar por recuperar a todos aqueles profesionais que tiveron que marchar (nós dicimos botaron) para Portugal, Reino Unido, Alemaña e outros países de Europa na busca de mellores condicións laborais. Non xoguen coa saúde da xente.

Señora Correa, a felicidade das persoas comeza por unha boa saúde, as babecadas  están moi ben para andar de esmorga.

Oia merece uns servizos dignos. Sen saúde non hai felicidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí