Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG inicia na Guarda a campaña de recollida de sinaturas contra a suba da factura da luz

Galiza leva décadas soportando os custes ambientais e sociais pero cada vez paga a luz máis cara e hai miles de empregos en xogo polo alto prezo da luz.

Galiza leva décadas soportando os custes ambientais e sociais pero cada vez paga a luz máis cara e hai miles de empregos en xogo polo alto prezo da luz.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Julio de 2021

Fuente: BNG A Guarda

O BNG iniciou na Guarda a campaña de recollida de sinaturas contra a subida da factura da luz,  polas graves consecuencias que ten sobre as familias e sobre as pequenas e medianas empresas en plena crise.

“No BNG pensamos que non podemos estar de brazos cruzados ante decisións que só benefician ás eléctricas pero que prexudican ás economías das familias e ás PEMES que xa están asfixiadas pola crise”, salientou o portavoz municipal do BNG Anxo Baz, que participou na primeira recollida de sinaturas xunto con outros  militantes do BNG.

“Unha subida da luz que no caso concreto de Galiza é escandalosa, porque somos grandes produtores de electricidade pero non temos ningún beneficio desa riqueza e todo iso mentres se prepara unha invasión eólica a favor do lobby eléctrico sen que este País teña ningunha compensación”, denunciou Anxo Baz, “temos dereito a unha tarifa da luz máis baixa por ser produtores e temos dereito a que se poña fin ao espolio enerxético que soportamos”.

Galiza leva décadas soportando os custes ambientais e sociais pero cada vez paga a luz máis cara e hai miles de empregos en xogo polo alto prezo da luz.

Neste sentido, argumentou, “rebaixar a factura da luz é o maior incentivo fiscal que podemos ter para que se instalen empresas no País e haxa oportunidades en Galiza. Con esta campaña de recollida de sinaturas, o BNG vai facer da defensa do dereito dos galegos e das galegas a ter un prezo da luz máis baixo.

“O que está facendo o Executivo que se proclama o máis progresista da historia é o mesmo que o PP, o mesmo que Feixóo desde a Xunta,  gobernar para o sector eléctrico e por iso esta campaña de recollida de sinaturas para plantarlle cara a unha subida que ten consecuencias moi negativas para o conxunto da economía e para as maiorías sociais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones