Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG leva a pleno a ameaza da Unión Europea de pechar 87 zonas de pesca no Atlántico nororiental

Anxo Baz -Este regulamento, é un novo golpe ao que hai que engadir o anuncio das restricións na comercialización da quenlla-

Anxo Baz -Este regulamento, é un novo golpe ao que hai que engadir o anuncio das restricións na comercialización da quenlla-

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Septiembre de 2022

Fuente: BNG A Guarda

A Comisión Europea vén de impoñer un novo regulamento que se traduce no feche para a pesca nun total de 87 zonas do Atlántico nororiental. Unha medida que entrará en vigor en poucos días e que suporá a expulsión da frota galega de fondo, podendo reducir até nun 75% as súas capturas.

Segundo Anxo Baz “Este regulamento, imposto desde a Comisión Europea (CE) sen un contraste e interlocución efectiva co propio sector, é un novo golpe que se engade ás limitacións de TACs e cotas de pesca, ou os anuncio das restricións na comercialización da quenlla,  que vai limitar e dificultar a faena da frota galega¨”.

Estamos diante dun acordo da CE que non contou co apoio unánime do Consello nin coa aprobación do Parlamento europeo, que se tomou baseándose  nuns informes científicos e técnicos insuficientes, por parciais e desactualizados, sen diálogo e busca de alternativas co sector, sen unha avaliación socioeconómica sobre o seu impacto e cunhas consecuencias que poden ser estarrecedoras, e que non pode ser aceptado baixo ningún concepto tendo en conta que Galiza  somos unha das primeiras potencias pesqueiras de Europa. As consecuencias desta decisión, suporán tamén agudizar a cada vez maior dependencia da importación de peixe e un previsíbel aumento dos prezos dificultando o acceso ao peixe aos segmentos sociais de menores ingresos.

A efectivización deste regulamento arbitrario e inxusto suporá un golpe en toda a regra á nosa frota, afectando a varios centos de barcos galegos e ameazando millares de postos de traballo.

En definitiva, o impacto do novo regulamento imposto pola Comisión Europea supón unha ameaza de primeiro nivel que pode facer desaparecer este sector estratéxico tal e como o coñecemos, como advertiron xa publicamente tanto dende o propio sector como dende organizacións sindicais como a CIG.

A moción presentada polo BNG no apartado resolutivo esixe a Xunta de Galiza que convoque con carácter inmediato o Consello Galego de Pesca para organizar unha resposta unitaria de todo o sector do mar e de todo o tecido social do país e insta ao goberno español a despregar todas as accións que como estado membro poida exercer para lograr a anulación do regulamento imposto pola Comisión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí