Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG leva ao Parlamento a falta de médicos e médicas de familia no Centro de Saúde da Guarda e pide ao Sergas que cubra as prazas canto antes

Iría Carreira denunciou as deficiencias e precariedade do edificio e pediu incrementar os medios materiais e humanos do Centro de Saúde para ofertar unha atención sanitaria digna e de calidade

Carreira salientou que non se cobren as xubilación ou prazas vacantes, tampouco as vacacións nin as baixas de longa duración nin permisos de maternidade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Noviembre de 2020

Fuente: BNG Parlamento

A deputada do BNG, Iría Carreira  formulou hoxe unha pregunta ao goberno  sobre a falta de médicas e médicos de familia no Centro de Saúde da Guarda ao que sumou as deficiencias estruturais do edificio que ameazan a seguridade das persoas usuarias. “Fendas nas paredes, goteiras ou caída de cascotes dos teitos”, dixo, son algunhas das eivas que se poden observar no centro de Saúde.

 

Na súa intervención, a deputada do BNG incidiu na “infradotación” de médicos e médicas de familia e explicou que das 8 prazas de médicas  vinculadas ao centro, na actualidade só 6  están ocupadas e durante o verán foron 4 e nalgúns momentos  menos polo que pediu a “inmediata restitución das prazas sanitarias suprimidas” no concello da Guarda.

 

O Centro de Saúde, explicou a nacionalista leva meses funcionando cun número  de profesionais que deben enfrontarse ás circunstancias de pandemia  e xa non só ás patoloxías habituais, “deben atender tamén  a pacientes afectados por COVID e tramitar a burocracia das incapacidade laborais para illamentos domiciliarios”.

 

Carreira salientou que non se cobren as xubilación ou prazas vacantes, tampouco as vacacións nin as baixas de longa duración nin permisos de maternidade.

 

Para a deputada, o goberno galego non actúa “con axilidade”, a pesar de coñecer a notificación das vacacións con meses antelación. O único que fai o Sergas é recorrer á figura da “intesusbstitución” para manter a aparencia de normalidade con citas de pacientes, a maiores, das xa programadas  polo que  resulta frecuente a coincidencia de pacientes á mesma hora da cita e no cómputo final ver a 40,50 ou 60 pacientes aínda que esa axenda non teña tantos ocos.

 

No  caso da Guarda, reiterou, iso está “cronificado”  porque levan meses traballando menos  médicas das  asignadas. O Centro de Saúde da Guarda

 presta asistencia a unha  área xeográfica bastante extensa e a  unha distancia considerable do hospital de referencia,  Vigo está a 45 ou 50 minutos.  Esta circunstancia inflúe cando unha profesional debe atender unha urxencia domiciliaria porque implica estar fora do centro, polo menos, 2 hs ao ter que ser trasladada  a paciente  ao Hospital.

 

O mesmo ocorre, dixo a nacionalista co  PAC que funciona  cun único  equipo de médica e enfermeira. É dicir, que se durante a madrugada se dá esa mesma  situación de urxencia en domicilio máis traslado a Vigo, “deixamos un centro sanitario durante 2h sen ningún tipo de persoal sanitario”.

 

O Sergas recoñece problemas para contratar persoal médico

 

Pola súa parte, o Xerente do SERGAS, José Manuel Flores  respondeu á nacionalista que recollía todas as demandas formuladas hoxe na comisión de Sanidade e recoñeceu   que existen graves problemas para dotar de persoal sanitario os centros de Atención Primaria. Flores afirmou que a prazas pendentes serán cubertas coa nova OPE.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí