Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG leva ao Parlamento os problemas do Ferri na Guarda

Un servizo que aínda a día de hoxe non se restituíu na súa totalidade dado que o transporte de vehículos entre as dúas beiras do Miño aínda non se pode realizar.

Un servizo que aínda a día de hoxe non se restituíu na súa totalidade dado que o transporte de vehículos entre as dúas beiras do Miño aínda non se pode realizar.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Agosto de 2021

Fuente: BNG A Guarda

O BNG ven de rexistrar unha iniciativa no Parlamento Galego para abordar os problemas que afectan ao servizo de Ferri entre a Guarda e Caminha. Un servizo que leva anos con carencias importantes e que nas últimas semanas se viron agravadas tralo peche que se produciu polas obras de reparación.

 

O Servizo de Ferri de A Guarda-Caminha estivo sen prestar servizo varios días tras unhas obras de reparación que impedían o seu uso. Un servizo que aínda a día de hoxe non se restituíu na súa totalidade dado que o transporte de vehículos entre as dúas beiras do Miño aínda non se pode realizar.

A este respecto o portavoz municipal do BNG na Guarda Anxo Baz destacou que “estamos a ver como día a día esmorece un servizo sen que a ninguén pareza importarlle. É por iso que dende o BNG de A Guarda trasladamos as nosas demandas ao Parlamento Galego para esixir solucións. Todo o pobo da Guarda sabe que este servizo está obsoleto e non cumpre coas necesidades de mobilidade que temos, aínda así esiximos  que mentras non dispoñamos doutra alternativa de mobilidade transfronteiriza  de maior calidade se manteña o servizo de ferri nas mellores condicións posibeis. Anxo Baz tamén indicou que todas as Administracións implicadas deberían facer un esforzo e poñerse de acordo en buscar unha alternativa  que nos permita unha mobilidade transfronteiriza real que sería un revulsivo para a veciñanza e para a economía da Guarda. Para iso debemos solucionar os problemas do Ferri primeiro e despois apostar por un servizo real e de calidade”

Pola súa banda, o deputado do BNG Manu Lourenzo sinalou que “rexistramos esta iniciativa no Parlamento porque cremos na mobilidade transfronteiriza e cremos que a veciñanza da Guarda merece ser atendida”

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí