Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG na Guarda solicita reunión de portavoces para esixir á Xunta axudas á hostalaría tralas últimas medidas contra a COVID

Anxo Baz: Estamos diante dun peche encuberto, non é sostíbel manter un negocio de hostalaría coas medidas impostas pola Xunta.

Anxo Baz: Estamos diante dun peche encuberto, non é sostíbel manter un negocio de hostalaría coas medidas impostas pola Xunta.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Enero de 2021

Fuente: BNG A Guarda

O BNG vén de solicitar ao Alcalde da Guarda, por medio dun escrito, unha reunión urxente de portavoces para esixir á Xunta de Galiza que inclúa axudas ao sector da hostalaría no mesmo DOGA no que vai publicar as últimas medidas para frear a COVID.
Para o BNG é fundamental que as administracións locais, os concellos, sexan portavoces das necesidades dos seus veciños e veciñas, polo que se fai necesaria unha acción conxunta para deixar dúas cousas claras: o apoio incondicional ao sector hostaleiro e distribución de importancia fundamental no concello e para esixir á Xunta de Galiza que inclúa un paquete de axudas ao sector ante as últimas medidas de restricións anunciadas polo Presidente da Xunta, Núñez Feijoo.


Dende o BNG entendemos que con estas medidas estase promovendo un “peche encuberto” da hostalaría, dada a imposibilidade de manter os negocios abertos, a pouco que se coñeza o sector, a climatoloxía e as características da Guarda.
“As medidas decretadas como o peche dos salóns dos restaurantes e bares, a utilización das terrazas nun 30%… abocan ao peche dun sector de vital importancia para o noso concello”, comentou Anxo Baz portavoz municipal do BNG.
O BNG espera altura de miras tanto do Alcalde como do resto das formacións políticas para ir cunha soa voz na defensa dun sector importantísimo para A Guarda que está sendo afectado sistematicamente dende o inicio da pandemia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí