Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG no Baixo Miño ven de presentar a súa alegación ao parque eólico Merendón

A fronte nacionalista presentou unha alegación contra o parque eólico Merendón que afecta aos concellos de Oia e O Rosal.

A fronte nacionalista presentou unha alegación contra o parque eólico Merendón que afecta aos concellos de Oia e O Rosal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Enero de 2022

Fuente: BNG

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar unha alegación formal á Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se sometía a información pública o parque eólico Merendón, localizado nos concellos de Oia e O Rosal.

A fronte nacionalista asegura que existe un clamor social na contorna que se opón a estes proxectos eólicos polo seu elevado impacto, como evidencian as numerosas mobilizacións, a recollida de sinaturas, as innumerábeis alegación presentadas e o posicionamento unánime dos concellos ameazados, de todos os signos políticos.

Por estes motivos, desde o BNG chaman a frear este modelo “depredador do territorio” que defende o PP e denuncian os “atallos legais” que está a usar o goberno do Feixóo para favorecer a aprobación dos proxectos, como a fragmentación de parques que conforman unha unidade co fin de minguar os impactos que reflicten as avaliacións ambientais.

"Isto representa novamente unha forma de colonialismo empresarial coa connivencia da Xunta. É incompatible para Oia vender natureza e ao mesmo tempo arrasala.", cualificou pola súa parte o portavoz municipal do BNG de Oia, Xosé Antón Rodríguez "Xuster". Desde a fronte nacionalista sinalaron que espazos naturais contan con hábitats de especial interese e protección da biodiversidade, son unha zona de grande riqueza patrimonial e unha das áreas de maior densidade arqueolóxica de toda Galiza.

As nacionalistas mantéñense na súa posición contraria a este modelo eólico promovido polo gobernó de Núñez Feixoo no que se prima o beneficio económico das grandes empresas do cártel eléctrico mentres o territorio afectado fica apenas cos prexuízos que a explotación salvaxe dos seus recursos provoca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí