Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG pide a sanidade que escoite as demandas do persoal sanitario do Baixo Miño en folga pola falta de médicos e médicas e orzamento para atención sanitaria

Manu Lourenzo exixiu ao conselleiro, García Comesaña, más médicos e médicas e menos propaganda nunha comarca en pé e mobilizada para defender a sanidade pública

Manu Lourenzo exixiu ao conselleiro, García Comesaña, más médicos e médicas e menos propaganda nunha comarca en pé e mobilizada para defender a sanidade pública

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Diciembre de 2021

Fuente: BNG

O deputado do BNG, Manu Lourenzo preguntou ao conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña que medidas vai tomar ante a mobilización “histórica” no Baixo Miño en defensa da  sanidade pública e contra a falta de persoal sanitario e medios para a atención sanitaria.

 

No inicio da súa intervención, o nacionalista amosou unha fotografía da manifestación para exixir “máis médicos e médicas” e pediu ao titular de sanidade que “abandone a propoganda” e escoite as demandas do persoal sanitario e dos veciños e veciñas da comarca do Baixo Miño.

 

Cando vostede afirma que non hai ningún problema coas condicións laborais dos médicos de Atención primaria, como afirmou recentemente  en sesión plenaria,  o que atopamos é  a unha nai da Guarda coa suá filla adolescente enferma é  con  8 médicos que teñen en cupo pero que  levan un mes con só 2 de mañá e un pola tarde. Ou tamén a  un xubilado do Rosal  de 70 anos que tivo que agardar por unha cita 12 días  e con dor. A propia alcadesa denunciaba esta situación. “Non podemos nin cumprir cos servizos mínimos dunha folga porque non hai médicos” e de 3 médicos en cupo no Rosal “levan un mes con 0 médicos para 6.000 habitantes”.

 

Pero  o mesmo acontece cunha nai en  Oia sen pediatra dende hai meses para o seu fillo de 3 anos. “Médicos e Médicas Señor conselleiro, nin excusas, nin propaganda”, reiterou o nacionalista.

 

Onte e hoxe, engadiu o deputado,  coindicindo con esta  comparecencia o  persoal sanitario do Baixo Miño está en  folga. Unha  folga para protexer a saúde e a vida dos seus pacientes e dende o BNG queremos amosar o noso apoio a todas as súas reivindicaicóns e agradeder o seu compromiso coa sanidade pública.

 

O deputado cominou ao titular de sanidade a presentar solucións para dar resposta ao persoal sanitario e a veciñanza. O Baixo Miño precisa de psicologxs clínicos e fisioterapeutas,  rematar coa precariedade na Atención primaria, incentivar as prazas en destinos periféricos, e dotar de financiamento a Atención primaria con “200 millóns de euros” e sobre todo, deixar de  “enchérlle os petos aos amigos do Partido popular na sanidade privada”.

 

Tras a intervención do conselleiro, o deputado lembrou que onte mesmo, un facultativo foi activado polo 061 para atender unha emerxencia no Rosal porque non había médico. O paciente debeu ser trasladado a Vigo e o medico requirido polo 061 desprazouse ao Centro de Saúde en Taxi, deixando a 10 pacientes sen atender dos 27 previstos.

 

Durante a xornada da mañá só foi dotado cun médico na Guarda, unha médica en Oia e ningún no Rosal.

 

Vostede pode vir aquí e dicir que non hai médicos pero a realidade é que se non hai médicos é “porque vostedes foron uns irresponsabeis e afogaron a Atención primaria ata metela nesta situación”, remarcou o nacionalista que volvou a reclamar “condición laboráis dignas e dotación orzamentaria”, “sen  excusas nen propaganda”.

 

Sobre as prazas MIR, o deputado asegurou que o Partido popular “non fixo os deberes” e está recoñecendo que en catro anos non foi quen de resolver a situación, porque despois de 4 anos de formación MIR, afirmou,  continuamos sen médicos e médicas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí