Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG recibe na Guarda unha delegación da Alianza Libre Europea (ALE) encabezada por Ana Miranda

Anxo Baz trasladoulle aos eurodeputados e eurodeputadas a necesidade dunha comunicación eficaz con Caminha que facilite a posta en marcha da Eurocidade A Guarda-Caminha

Anxo Baz trasladoulle aos eurodeputados e eurodeputadas a necesidade dunha comunicación eficaz con Caminha que facilite a posta en marcha da Eurocidade A Guarda-Caminha

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Septiembre de 2022

Fuente: BNG A Guarda

Na tarde do luns, Anxo Baz, acompañado do grupo municipal do BNG  da Guarda e da Presidenta da ELM de Camposancos, recibiron unha delegación integrada por  eurodeputadas e eurodeputados do grupo da Alianza Libre Europea (ALE) na Eurocámara que se atopan de visita en Galiza.

 

O portavoz nacionalista na Guarda, escolleu o monte Trega para recibir a delegación europea e co  rio  de fondo  trasladoulles  aos representantes europeos a necesidade dunha comunicación eficaz e sostíbel con Caminha que sería un alicerce fundamental para a posta en marcha da Eurocidade entre as localidades miñotas.

 

Pola súa parte a representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, recolleu a proposta e comprometeuse a trasladar á institución europea a demanda guardesa que considerou fundamental para profundar  na  cooperación transfronteiriza.

 

Rematada a visita ao Trega dirixíronse ao Porto da Guarda e asistiron a un encontro coa Asociación de Redeiras Atalaia   onde comprobaron en que consiste o seu traballo artesanal e escoitaron  as demandas deste colectivo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí