Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG reclama medidas da Xunta para protexer a veciñanza de Tomiño e outras localidades fronte ás pragas de moscas

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Parlamento unha proposta para que a Xunta regule as plantacións agrícolas en zonas residenciais, ante a preocupación polo impacto ambiental e social destas actividades no medio rural.

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Parlamento unha proposta para que a Xunta regule as plantacións agrícolas en zonas residenciais, ante a preocupación polo impacto ambiental e social destas actividades no medio rural.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Febrero de 2025

Fuente: BNG

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) levará ao Parlamento Galego unha nova iniciativa co obxectivo de que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias na regulación das plantacións agrícolas en zonas residenciais, ante o crecemento de viñedos e o impacto que estas actividades están a causar nas comunidades locais. A proposta busca que a Consellería de Medio Rural controle de maneira efectiva o uso de abonos e fitosanitarios, en especial na prevención das pragas de moscas, que están a afectar gravemente ás localidades de Tomiño e a outros concellos galegos.

A iniciativa será presentada logo dunha reunión mantida por deputados do BNG, entre eles Brais Ruanova, Sonia Vidal e Ariadna Fernández, coa Asociación de Veciños de Carregal, onde se abordaron as inquietudes da veciñanza sobre o crecemento de proxectos agrícolas nas zonas habitadas. A preocupación radica non só no impacto ambiental, senón tamén nas molestias que xeran a convivencia cos residentes locais.

O portavoz municipal do BNG en Tomiño, Uxío Benítez, acusou ao Partido Popular (PP) de adoptar unha postura hipócrita na súa xestión sobre este asunto. Benítez criticou ao PP por tratar de denunciar a situación despois de anos de inacción, lembrando que os membros do partido se fotografaron cunha responsable da Consellería de Medio Rural sen aproveitalo para cuestionar as medidas que a Xunta tiña previstas para abordar as problemáticas do sector agrícola en zonas residenciais.

O BNG subliña que a responsabilidade sobre a regulación e control das explotacións agrarias corresponde á Xunta de Galicia, que ata o momento non tomou medidas efectivas para resolver a situación. “É a Xunta quen debe actuar para evitar a proliferación de pragas e regular a implantación dos viñedos, non o Concello de Tomiño”, afirmou Benítez.

Deste xeito, o BNG esixe que a Consellería de Medio Rural asuma a súa responsabilidade na protección da veciñanza e no control das explotacións agrarias, que están a depender dos servizos agrarios autonómicos. A proposta do BNG tamén inclúe a solicitude dun seguimento máis estrito da aplicación de produtos fitosanitarios e a clarificación dos criterios para a implantación de novos proxectos agrícolas no medio rural, co fin de garantir un equilibrio entre o desenvolvemento agrícola e a calidade de vida das persoas que residen nas zonas afectadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí