Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG respóndelle ao Alcalde da Guarda que poña día e hora para debater sobre o acordo entre o PSOE e o PP no PERI 5

Anxo Baz: "para o BNG é crucial desenvolver este PERI e facerse cos 15.000 m² de terreo municipal para facer fronte aos retos da nosa sociedade, que demanda espazos públicos de calidade"

Anxo Baz: "para o BNG é crucial desenvolver este PERI e facerse cos 15.000 m² de terreo municipal para facer fronte aos retos da nosa sociedade, que demanda espazos públicos de calidade"

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Julio de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O portavoz do BNG da Guarda, Anxo Baz  fixo público un comunicado no que mostra a aceptación do seu grupo a un debate público sobre o PERI 5 e manifesta que "unha vez máis, farán un esforzo para convencer ao PSOE e ao PP de que 15.000 m² que se logran desenvolvendo o PERI son 5 veces máis que os 3.000 m² que ofrece o pacto entre o  PSOE e o PP".

O nacionalista recórdalle tamén ao Alcalde que aínda está a espera dunha reunión para falar do mesmo tema no que estivera presente o Arquitecto Municipal, proposta feita polo o Alcalde no Pleno, e da que non se volveu saber máis.

Anxo Baz insiste en que o desenvolvemento do PERI na súa totalidade dotaría A Guarda de 15.000 m² de terreo municipal para infraestruturas, aparcamentos en superficie e zonas verdes que sumado aos terreos da Alameda Municipal conformarían un importante  pulmón verde no Centro da Guarda.

O nacionalista insiste "que para o BNG é crucial desenvolver este PERI e facerse cos 15.000 m² de terreo municipal para levar adiante  un proxecto capaz de facer fronte aos retos da nosa sociedade, que demanda espazos de calidade".

Anxo Baz recórdalle ao Alcalde que está en minoría e que deberá escoitar máis e tratar de conseguir un consenso con todas as forzas políticas para desenvolver este PERI do xeito máis satisfatorio posibel para o pobo da Guarda. "Hai decisións que son irreversíbeis e de gran transcendencia como o desenvolvemento do PERI 5, que non se poden tomar a lixeira polas consecuencias futuras que van ter".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí