Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG responsabiliza ao goberno socialista do retraso na aprobación do Proxecto de acceso sur ao Porto da Guarda

Anxo Baz: -A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o Alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio-

Anxo Baz: -A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o Alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio-

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Julio de 2021

Fuente: BNG A Guarda

O proxecto de acceso sur ao Porto da Guarda elaborado  no 2018 pola área de mobilidade da Deputación de Pontevedra  plantexa dúas alternativas posibeis para a realización desta infraestructura.

 

 Das dúas opcións que contempla o proxecto, o Concello da Guarda escolleu  a opción 2.  O deseño  elixido  polo goberno guardés entre outros inconvenientes que presenta, costa 400.000 € máis que o outro.

 

O informe preceptivo elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio alerta de que o trazado que defende o goberno guardés ten un forte impacto en elementos patrimoniais e paisaxísticos e como consecuencia infórmano negativamente. Ao mesmo tempo  recomendan optar polo outro trazado  no que unha parte  xa está feita.

 

Sorprendentemente o Goberno Guardés non atende deste requerimento e sigue na teima de defender un trazado máis caro, con un maior impacto visual e que ademais se atopa con informes desfavorabeis de Patrimonio.

 

O portavoz Municipal do BNG, Anxo Baz  declara “ A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o Alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro  que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio. Con estes movementos o único que se consigue e dilatar a súa execución por tempo indefinido. A estas alturas o goberno guardés tería que ter o proxecto rematado na man e  deberíase estar preocupando por  abrir  todas as portas que fixera falta para conseguir a financiación necesaria para executar o proxecto. Eso é o que realmente lle interesa ao pobo da Guarda”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones