Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG rexeita a implantación da eólica mariña a 30 km da Guarda

Os nacionalistas anunciaron unha ofensiva institucional e social para declarar a prohibición de instalacións de parques de eólica mariña na costa sur de Galiza e considerar a actividade pesqueira como prioritaria, fronte aos intereses das grandes empresa

Os nacionalistas anunciaron unha ofensiva institucional e social para declarar a prohibición de instalacións de parques de eólica mariña na costa sur de Galiza e considerar a actividade pesqueira como prioritaria, fronte aos intereses das grandes empresa

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Febrero de 2023

Fuente: BNG A Guarda

A deputada do BNG, portavoz de pesca, no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, o deputado no Congreso, Néstor Rego, e representantes municipais dos concellos afectados de  Vigo, Nigrán, Baiona, Redondela, Cangas, Oia e  A Guarda compareceron diante dos medios de comunicación para rexeitar a implantación da eólica mariña.

 

Os nacionalistas anunciaron unha ofensiva institucional e social para declarar a prohibición de instalacións de parques de eólica mariña na costa sur de  Galiza e considerar a actividade pesqueira como prioritaria, fronte aos intereses das grandes empresas enerxéticas.

 

 A viceportavoz do BNG no Concello da Guarda, Bea Lomba  declarou “o parque Volanteiro situaríase a menos de 30 km da Guarda ameazando claramente a frota pesqueira de baixura e provocando un  impacto ecolóxico  e paisaxístico de grandes dimensións nunha zona onde o turismo é un sector económico relevante”

 

A portavoz de pesca do BNG Rosana Pérez  afirmou “ a nosa plataforma continental  non é apta para instalar este tipo de parques na que se concentra  un número elevado de embarcacións. No BNG  optamos pola potenciación do sector pesqueiro e por  un modelo enerxético con participación pública, defendendo o territorio galego. Un modelo afastado ao que defende o Partido Popular que prima os intereses das grandes empresas enerxéticas”

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego,  enfatizou “Estamos diante dunha ofensiva de espolio enerxético ao noso País. Producimos  xa máis enerxía de fontes renovábeis da que consumimos: 18 mil xigawatios  a través de fontes renovábeis e consumimos 17 mil” . Pola contra, Madrid ten cero megavatios de potencia instalada e cero proxectos en tramitación. “É máis fácil consumir a enerxía que produce Galiza, aguantando nós os impactos sociais e económicos, e pagando a enerxía ao mesmo prezo”  

Rego rematou concluíndo “Ímonos opor nas institucións, así como na rúa con todas as mobilizacións sociais que sexan precisas nas que sabemos que coincidiremos con moitos colectivos que se opoñen, a este proceso de espolio eólico que está sufrindo o noso País”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí