Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG urxe a Xunta de Galiza a mediar na folga das traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar

Na moción presentada tamén se insta ao goberno municipal a sacar unha nova licitación ou ben a municipalizar o servizo. A actual está caducada co conseguinte prexuízo para as traballadoras.

Na moción presentada tamén se insta ao goberno municipal a sacar unha nova licitación ou ben a municipalizar o servizo. A actual está caducada co conseguinte prexuízo para as traballadoras.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Noviembre de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O portavoz do BNG no Concello da Guarda, Anxo Baz acompañado da concelleira Beatriz Lomba acudiron hoxe a concentración que manteñen desde o 2 de novembro as traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar(SAF). No encontro coas traballadoras reiteráronlle  o seu apoio ao tempo que lles  informaron da moción que veñen de presentar esixindo a Xunta de Galiza que asuma as súas responsabilidades e medie na busca dunha solución para os graves problemas salariais e laborais que afectan as traballadoras.

 

Na moción presentada tamén se  insta ao goberno municipal a sacar unha nova licitación ou ben a municipalizar o servizo. A actual está caducada co conseguinte prexuízo para as traballadoras.

 

Segundo os nacionalistas a deixadez da Xunta infrafinanciando unha competencia que non asume e deixándoa nas mans dos concellos  está repercutindo dun xeito moi grave nas  economías municipais, así como, na situación laboral das traballadoras e na calidade asistencial.

O portavoz nacionalista afirmou “Coidar de quen nos coida ten que ser algo máis que un slogan publicitario, non podemos permitir que en función da capacidade orzamentaria ou da vontade do  concello a situación laboral das traballadoras mude e a prestación dun servizo tan necesario como básico sexa dunha ou outra calidade”.

Anxo Baz rematou concluíndo “As traballadoras do SAF están en folga para defender os seus dereitos laborais pero tamén os das persoas usuarias que son quen sofre, colateralmente, as consecuencias dun servizo sostido na precariedade laboral”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí