Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG valora o primeiro período do goberno guardés

Anxo Baz: Carrero utiliza o modus operandi que tanto criticou e os problemas do día a día seguen sen solucionar

Anxo Baz: Carrero utiliza o modus operandi que tanto criticou e os problemas do día a día seguen sen solucionar

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Septiembre de 2023

Fuente: BNG A Guarda

A piques de cumprir os 100 primeiros días do goberno do PP de Carrero na Guarda, o BNG fai a súa  valoración deste período.

O suposto altruísmo político do novo alcalde guardés anunciando que   renunciaba  a cobrar do Concello da Guarda tardou pouco en descubrirse  que non era tal. Simplemente tiña negociado  un salario moi superior da Deputación Provincial,  incompatíbel co salario de alcalde.

Outro aspecto que non pasou inadvertido  neste tempo é a súa  dedicación ao Concello. Tendo en conta que o seu compromiso coa Deputación é do 79% e sendo sabedores tamén de que continúa coas súas actividades profesionais, resulta difícil cuantificar o tempo real que lle ocupará a Alcaldía. A  frase que xa  empeza a ser reiterativa  no Concello da Guarda de que o Alcalde “non pode recibir que está indisposto”, se cadra  explica a nosa dúbida.

O que si queda contrastado é que o Sr. Carrero é vítima do discurso populista que utilizou no período que permaneceu na oposición. Desde que chegou a alcaldía, fixo propio o modus operandi que tanto criticou, e este verán que está a piques de rematar, tivemos  que soportar contedores de lixo ateigados, fochancas por avarías sen tapar, descontrol do tráfico, un servizo de ferri con Caminha  sen funcionar, apagóns de luz, cortes de auga e iso si, fotos e máis fotos.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, manifestou “Todos estes feitos dannos pistas de por onde poden ir as cousas con este goberno.

O  BNG actuará coa contundencia e a responsabilidade que se lle espera como principal grupo da oposición que somos, facendo propostas polo interese xeral da Guarda e  fiscalizando  a xestión desta  nova edición dun  goberno do PP e o seu socio Fariñas.”

O nacionalista tamén fixo fincapé en aspectos cruciais  nos que o BNG  xa viña traballando no pasado mandato e dixo: “A  reforma integral da piscina municipal cos fondos xa concedidos para a súa execución,  require que este goberno se poña mans a obra de  inmediato  dada a transcendencia que este servizo ten para a sociedade guardesa. Outros aspectos que este goberno deberá   abordar con seriedade son a reforma integral a Praza de Abastos que no seu día propuxo o BNG e contou cos votos favorábeis do PP ou a comunicación con Caminha”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Visita guiada por Tui y su catedral