Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Bruxo Queiman e Andrea Pousa, pregoeiros de excepción da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira este venres

Despois do pregón o escenario trasladase á carpa da festa onde o Bruxo Queiman e Andrea Pousa actuarán ás 23.00h

Despois do pregón o escenario trasladase á carpa da festa onde o Bruxo Queiman e Andrea Pousa actuarán ás 23.00h

Fecha: 30 de Junio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Nesta edición o Concello da Guarda decidiu apostar pola cultura atlántica e así potenciar o venres 30 de xuño, data de comezo da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira coa lectura do Pregón e a posterior apertura da carpa da festa.

O venres 30 de xuño ás 21.00 h na Praza do Reló o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, procederá a nomear ao actor vigués Bruxo Queiman e a cantante de Tomiño Andrea Pousa como pregoeiros na XXVII Festa da Langosta e Cociña Mariñeira. A forza tan carismática en escena do actor Bruxo Queiman e a sensibilidade creativa de Andrea Pousa asegurará que a lectura do pregón terá selo persoal e diferenciado xa que estes dous artistas sempre ofrecen un gran sentimento aos eventos que asisten.

Despois do pregón o escenario trasladase á carpa da festa onde o Bruxo Queiman e Andrea Pousa actuarán ás 23.00h onde presentarán ao público o seu novo espectáculo << MíLSON'S >>. Este é un espectáculo-concerto que mistura dun novo xeito o legado tradicional como son as cantigas mariñeiras ou as recollidas nos cantos de taberna, con ritmos e melodías máis actuais. Unha atractiva e orixinal proposta tanto sonora como visual, cunha estética coidada no vestiario e na escenografía. O grupo está formado por músicos cunha amplía traxectoria internacional no mundo folk. Presentes en Festivais como: "Festival Intercéltico de Ortigueira" ou "Festival de Lorient". En MÍLSON´S os artistas son masculinos pero a compañía adaptou este espectáculo para a festa da langosta e contará coa voz lírica de Andrea Pousa e doutras novidades.

O Bruxo Queiman e Andrea Pousa son dous representantes desta cultura atlántica. En 2014 crearon a compañía galega de espectáculos musicais e eventos, QUEIMAN E POUSA, coa finalidade de ofrecer espectáculos nos que o público poida identificarse coas raíces e tradicións que continúan vivas ou que foron evolucionando ao longo das xeracións de galegos. Esta compañía ofrece uns espectáculos cheos de calidade escénica, poesía artística e música tradicional fusionada con outras ramas musicais e demais recursos expresionistas que abraian ao espectadores.

O BRUXO QUEIMAN é o recoñecido actor vigués Enrique Domínguez que fundou anos atrás con outros compañeiros a Compañía Teatral Avento de Vigo, un dos grupos teatrais con maior traxectoria na nosa comunidade e Portugal. Ao longo dos anos, o actor participou en numerosas obras, películas e series televisivas como "Rías Baixas"ou "Para ti Shakespeare". Pero o gran recoñecemento chegoulle co seu papel como o "Bruxo Queiman", con máis de 10 años de traxectoria por España e outros países como Brasil, Colombia, Arxentina, Emiratos Árabes, etc. Recibiu o Premio Cumbres de Suido 2014". Actualmente encargase da dirección artística dos espectáculos de Queiman e Pousa.


ANDREA POUSA cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, dende moi pequena amosou o seu interese polo canto e aos 15 anos xa foi seleccionada como unha das mellores voces femininas de Galicia no Festival da Canción. Participou no proxecto educativo "Ponte nas Ondas" para a divulgación do Patrimonio cultural Galego-Portugués. Andrea posúe unha capacidade de converter cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora. Complementa a súa carreira de canto coa de actriz e a súa última aparición foi en "Cenerentolla" de La Fiesta escénica, en Italia e Suiza.


Queiman e Pousa, recorren con seus diferentes espectáculos o mundo, levando sempre o sentimento e o corazón da súa terra co fin irmandar a nosa cultura atlantica coa do resto do mundo.


Esta labor socio-cultural dos dous artistas fixo que foran recoñecidos como os "Embaixadores e difusores da Cultura Atlántica"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones