Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O campo de voluntariado de Oia ofrece este sábado unha visita teatralizada polo Arrabal

A actividade, aberta ao público e de balde, comezará á 18.30 horas

A actividade, aberta ao público e de balde, comezará á 18.30 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Agosto de 2022

Fuente: Concello de Oia

O grupo de mozas e mozos integrantes do campo de voluntariado internacional “O Camiño Portugués pola Costa”, que se atopa a traballar en Oia durante estas semanas, organiza para este sábado 27 de agosto unha visita teatralizada polo barrio histórico do Arrabal.

 

A actividade, aberta ao público e de balde, comezará á 18.30 horas e baixo o título “O Camiño ó pasado” ofrecerá un percorrido desde a ermida de San Sebastián ata o Mosteiro de Oia. Ao longo do itinerario, varias intervencións dramáticas repasarán diversos momentos da historia e algunhas lendas locais.

 

“O Camiño Portugués pola Costa” é un campo de voluntariado internacional dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, deseñado e organizado pola cooperativa de ocio educativo Avada e o Concello de Oia. Esta iniciativa reúne unha ducia de mozos e mozas entre os 18 e 30 anos de distintas procedencias (Pontevedra, A Coruña, Guadalaxara, Madrid, Valladolid, Zamora, Zaragoza, Arxentina e Venezuela) para desenvolver diversas tarefas de posta en valor do patrimonio arredor do Camiño da Costa.

 

Entre outras tarefas, están a desenvolver labores de xeolocalización de xacementos arqueolóxicos dentro da Ruta Máxica de Oia na plataforma Google Maps, así como de deseño, organización e desenvolvemento da visita teatralizada que ofrecerán esta fin de semana polo Arrabal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí