Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O CB Tui, Listo para loitar polo Ascenso a 1ª División Masculina de Baloncesto

O pavillón municipal de Tui será o escenario da Fase de Ascenso a 1ª División Masculina Senior de Baloncesto esta fin de semana, coa participación de catro equipos.

O pavillón municipal de Tui será o escenario da Fase de Ascenso a 1ª División Masculina Senior de Baloncesto esta fin de semana, coa participación de catro equipos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Junio de 2024

Fuente: Concello de Tui

Este sábado e domingo, o pavillón municipal de Tui será o escenario da Fase de Ascenso a 1ª División Masculina Senior de Baloncesto. O CB Tui buscará subir de categoría competindo contra o Instituto Rosalía, o CB Artai e o CB Celtas Foz.

A presentación desta emocionante competición tivo lugar esta mañá, contando coa presenza do alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, Miguel González, o presidente do CB Tui, Alejandro Carreto, e o coordinador deportivo do club, Javier Niño.

Alejandro Carreto, presidente do CB Tui, destacou a importancia de chegar a esta fase para un club humilde como o tudense, sinalando que metade do equipo está conformado por xogadores da base. "É importante chegar a esta fase e máis facéndoo con xogadores da casa", afirmou Carreto.

Javier Niño, coordinador deportivo, subliñou que o obxectivo do club é ascender, facéndoo coa xente da casa e coa media de idade máis baixa da liga. "Estamos moi orgullosos do que fixemos nesta temporada", engadiu Niño, animando a todos a acudir ao pavillón para apoiar o equipo.

Miguel González, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, felicitou ao CB Tui polo gran traballo realizado esta temporada e destacou que esta fin de semana será "unha auténtica festa do baloncesto".

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, eloxiou o bo momento que vive o deporte en Tui e animou a todos a asistir ao pavillón. "Sería impresionante ascender", afirmou Estévez.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, destacou o mérito dos xogadores, adestradores e a directiva para chegar a esta fase de ascenso. Cabaleiro subliñou que o deporte está dando moitas alegrías ao concello, reflexo da boa saúde do deporte en Tui, e resaltou o esforzo do concello para manter as instalacións deportivas en condicións axeitadas. Por último, fixo un chamamento a todos os veciños a acudir e animar ao CB Tui nesta importante fase de ascenso.

Programa de partidos:

  • Sábado 8 de xuño
    • 18:00 h Instituto Rosalía vs. Club Baloncesto Artai
    • 20:00 h CB Tui vs. CB Celtas Foz
  • Domingo 9 de xuño
    • 17:00 h Partido polo 3º e 4º posto
    • 19:00 h Final
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí