Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui remata con éxito o seu 1º Proxecto Eramus+

Durante os tres cursos pasados e a ampliación excepcional, concedida durante este curso 20-21, derivada da situación epidemiolóxica Covid-19, o noso centro levou a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 dirixida á educación escolar

Durante os tres cursos pasados e a ampliación excepcional, concedida durante este curso 20-21, derivada da situación epidemiolóxica Covid-19, o noso centro levou a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 dirixida á educación escolar

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Noviembre de 2021

Fuente: CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui remata con éxito o seu 1º Proxecto Eramus+ coa publicación do seu libro de receitas: “Recipe book: Healty, Happy Lifestyles”. “Libro de receitas: Hábitos de vida saudables e felices”.

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui participou dende o curso 2018 no Programa Europeo Eramus+  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”. Durante os tres cursos pasados e a ampliación excepcional, concedida durante este curso 20-21, derivada da situación epidemiolóxica Covid-19, o noso centro levou a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 dirixida á educación escolar que  lle deu a oportunidade de internacionalizarse, cooperar, desenvolver accións de innovación educativa e realizar intercambio de boas prácticas con outros cinco colexios europeos que colaboraron no mesmo proxecto.Os colexios cos que traballamos foron : ·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. ·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). ·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda) ·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). ·         CEIP Nº2 de Tui. 

Todos compartimos formación, experiencias, traballos, talleres, viaxes, etc.Os obxectivos que os seis centros educativos tratamos de levar a cabo en común, traballando dende puntos da xeografía europea diferentes, foron:

  • Desenvolver a conciencia e actitudes do persoal docente, do alumnado e da comunidade  en xeral, cara a acadar estilos de vida saudables: Potenciar actividades físicas, alimentación saudable e estratexias de saúde mental.

 

  • Desenvolver as habilidades do alumnado e dos docentes no uso das TIC de forma segura mediante a aprendizaxe de colaboración: Potenciar a colaboración entre as escolas asociadas de forma dixital aprendendo a ser responsable no uso das novas tecnoloxías e máis competente no uso da linguaxe dixital.

 

  • Explorar o patrimonio cultural das cidades e países das escolas asociadas no contexto do proxecto: É importante explorar a diversidade dos patrimonios culturais e as tradicións das escolas asociadas, por exemplo, a través dos deportes, do folclore ou das cociñas tradicionais.
  • Capacitar a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, pais/nais, etc...) afondando no coidado da súa saúde física e mental e valorando a importancia de facelo: Como cidadáns europeos debemos coñecer os nosos dereitos en materia de saúde e benestar para levar estilos de vida saudables e activos que dean lugar a "promover a fortaleza física e mental".

 

O Proxecto Erasmus+ “Promovendo un estilo de vida sa saudable e feliz” abordou tres grandes bloques de contidos, que nos gustaría que asenten as  bases fundamentes dunha vida plena para o nosa comunidade educativa:

  • Vida sá: Alimentación sa e saudable.
  • Vida saudable: unha vida activa e deportiva.
  • Vida Feliz: unha mente sa e feliz coa xestión adecuada das emocións para unha boa saúde mental.

O 31 de Outubro de 2021 rematou o contrato do proxecto Eraxmus+ e o fantástico intercambio de experiencias que tivemos a oportunidade de compartir durante os últimos 3 cursos. Gustaríanos compartir os resultados de este gran traballo con todo o noso entorno:

https://twinspace.etwinning.net/70935 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/erasmus

Agradecemos que todo aquel que poida dedique un anaquiño do seu tempo a estes resultados, a difusión dos mesmos son importantes tanto polo proxecto en sí, coma inicio ou continuidade de ilusión para todos aqueles que teñades a inquietude de mergullarse nesta aventura, como é Erasmus+

Ademais dos resultados, vimos de recibir varios volumes da publicación do noso traballo no “ Recipe book: Healthy, Happy Lifestyles. Un libro editado grazas ao proxecto Erasmus+ que recolle unha recompilación de receitas saudables de: almorzo, comida e cea, feita polo alumnado de todas as escolas socias e que está publicado na lingua de orixe de cada escola e tamén na lingua do proxecto que é o inglés. Nesta ocasión atoparanse recitas saudables e deliciosas de Galicia, Alacante, Dublín, Armagh, Figueira da Foz e Varese O libro está para o seu uso, a disposición de calquera persoa na biblioteca do CEIP Nº2 De Tui.

Erasmus+ é o programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que nos permite impulsar e axudar aos Sistemas de educación, Formación e Xuventude a promover unha ensinanza e aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para acceder ao mercado laboral e a sociedade actual e futura. O Sepie (Servicio Español para a internacionalización da Educación) está a ser a axencia nacional española encargada da xestión, difusión, promoción e estudios de impacto do programa Erasmus+  do noso centro.

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo. Tivemos unha gran responsabilidade nas nosas actuacións, pero estamos convencidos de acadar os obxectivos con éxito, axudados por toda a comunidade educativa, a ANPA, o Concello e diversas entidades deportivas  e colaboradoras.

Así mesmo, agradecemos a colaboración de todos os medios de comunicación que nos permitiron facer eco da relevancia que ten o fomento da conciencia  dunha vida sa, saudable e feliz na nosa comunidade educativa, na nosa cidade e no noso entorno e moito máis agora, coa situación de pandemia que estamos a vivir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones