Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Centro de Coordinación Operativa habilita máis medios e máis persoal para ofrecer a mellor resposta a todos os niveis centrada na contención do virus

Feijóo destaca que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario

Feijóo destaca que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario

Fecha: 19 de Marzo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu hoxe en rolda de prensa despois de presidir unha nova reunión do Centro de Coordinación Operativa, ademais do Consello da Xunta, para detallar a habilitación de máis medidas e máis persoal para ofrecer a mellor resposta a todos os niveis centrada na contención do coronavirus.

"É necesario seguir habilitando medidas para a contención do virus, intentando aprender da experiencia doutros países e rexións", explicou, incidindo en que este obxectivo foi o que marcou a reunión do Cecop.

Entre as medidas adoptadas no ámbito sanitario, destacou que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario. "Xa temos contactado coas 6 federacións de hostaleiros de Galicia para cotexar as dispoñibilidades dos establecementos máis adecuados, tanto por accesibilidade, como por tamaño, distribución e proximidade aos diferentes centros sanitarios máis importantes", precisou.

Nesta mesma liña, resaltou que os centros e os establecementos sanitarios privados, así como o seu persoal, póñense a disposición do operativo sanitario, dando a instrución de reprogramar nestes hospitais privados a actividade non urxente para que teñan dispoñibilidade e espazo. Ademais de poñer tamén a disposición do 061 as ambulancias, os equipos e os recursos humanos de todas as empresas de transporte sanitario en Galicia.

Por outra banda, o Cecop traballou tamén no incremento dos efectivos para colaborar nas labores de contención e de asistencia ante a emerxencia, colaborando e coordinándose coas Forzas e Corpos de Seguridade, coas Policías Locais, cos efectivos de Protección Civil e co Exército. Ao respecto, Feijóo informou da posibilidade de que os concellos poidan reforzar as súas plantillas de Policía local, a través dun procedemento específico e simplificado, con 120 auxiliares da lista de contratación existente tras a realización das convocatorias unificadas; e mesmo de poder contratar ao persoal que aprobou as convocatorias pero que se atopaba sen praza.

Como medida novidosa, destacou tamén que o persoal do servizo de extinción de incendios poderá colaborar na asistencia e na loita contra a extensión do virus, especialmente no ámbito do rural galego. "Evidentemente, a función principal e prioritaria destes profesionais seguirá a ser a loita contra o lume, pero dado o momento no que nos atopamos, poderán tamén colaborar en funcións como é a vixilancia de zonas do rural, camiños e pistas para garantir que se cumpre o confinamento; e auxiliar a persoas que viven en lugares de difícil acceso e facerlles chegar víveres ou material sanitario", precisou.

"En definitiva, estamos a falar de máis medios e máis persoal", dixo, resaltando que na reunión do Cecop constatouse, unha vez máis, que a necesidade máis perentoria é a de material sanitario.

"Volvemos poñer enriba da mesa a necesidade de equipos de protección individual para centros sanitarios e ambulancias, para residencias da terceira idade e centros de discapacidade con internamento, para persoal de servizos de emerxencias e de Protección Civil e para os operarios do servizo de recollida e tratamento de residuos", dixo, entre outros moitos colectivos que están traballando, día a día e a reo, na loita contra o coronavirus e que precisan de medios para facelo coa máxima garantía e seguridade.

Neste sentido, e aproveitando a presenza do delegado do Goberno na xuntanza, Feijóo volveu recordar que o Executivo central é a única autoridade competente para distribuír este material.

Durante a rolda de prensa, o responsable do Executivo galego resaltou o espírito construtivo e a vontade de cooperación que, unha vez máis, presidiu a reunión do Cecop, liderada pola Xunta, pero na que tamén están o Goberno central e os concellos galegos.

"Quero destacar a unidade de todas as administracións, por riba de cores políticos, e a unidade de todos os galegos a prol dun obxectivo común", afirmou, constatando que, ante as adversidades, o pobo galego é capaz de actuar sen fisuras, antepoñendo o interese xeral aos intereses particulares.

Despois de confirmar que, neste momento, na Comunidade son 334 as persoas afectadas, recordou que Galicia sigue facendo probas: "Pensamos que ese é o obxectivo e ese é o procedemento axeitado, porque cantos máis doentes estean diagnosticados, a máis doentes poderemos tratar".

Aprobación do decreto polo que se deixa sen efecto a convocatoria electoral do 5A
Por outra banda, o titular da Xunta presidiu esta mañá, tamén, a reunión do Consello para aprobar o decreto polo que se deixa sen efecto a convocatoria electoral prevista para o vindeiro 5 de abril, despois dun acordo entre todos os partidos representativos da Comunidade.

"En apenas unhas horas de diálogo fomos quen de chegar a un consenso que, hoxe, quedou referendado no decreto aprobado polo Consello", confirmou, avanzando que será publicado hoxe no DOG e remitido ao BOE.

Así mesmo, explicou que este decreto, que deixa sentadas as bases da futura convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia, foi aprobado despois de coñecer o ditame da Xunta Electoral.

Sobre este punto, trasladou que a Xunta Electoral referendou a decisión tomada cunhas conclusións "moi claras": que a repetición íntegra do proceso é a mellor solución para garantir que se poidan dar as condicións axeitadas para unha nova celebración dos comicios. Que a decisión de que as eleccións autonómicas non se celebren corresponde ao presidente da Xunta, dados os estados de alarma e de emerxencia sanitaria. E que a Deputación permanente do Parlamento non é imprescindible para o desenvolvemento deste procedemento en concreto.

Deste xeito, en canto se levanten os estados de alarma e de emerxencia sanitaria, procederase a convocar desde cero as eleccións autonómicas, coa particularidade de que serán oídos os partidos políticos antes de que o presidente da Xunta decida a data exacta.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones