Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Centro Municipal de Formación acolle hoxe o proceso de selección do persoal para a nova tenda de PEPCO en Tui

En concreto a cadea internacional de orixe polaca abrirá un novo establecemento de case 800 metros cadrados no Centro Comercial Outlet en Tui logo da Semana Santa.

En concreto a cadea internacional de orixe polaca abrirá un novo establecemento de case 800 metros cadrados no Centro Comercial Outlet en Tui logo da Semana Santa.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Marzo de 2023

Fuente: Concello de Tui

O Centro Municipal de Formación, en Guillarei, acolleu onte luns o proceso de selección do persoal para a nova tenda da empresa PEPCO en Tui. En concreto a cadea internacional de orixe polaca abrirá un novo establecemento de case 800 metros cadrados no Centro Comercial Outlet en Tui logo da Semana Santa.

Ao longo do día de hoxe o Store Manager da nova tenda, Jacobo Freire xunto a Sonia Álvarez, responsable na tenda PEPCO no centro comercial Travesía de Vigo, están a realizar as entrevistas ás e aos candidatos, nun proceso realizado en colaboración co Concello de Tui e coa Oficina de Emprego de Tui.

En concreto dende o departamento de Formación  e Emprego facilitaron os currículos das persoas inscritas na Bolsa Municipal de Emprego  e tamén no Programa Integrado de Emprego que se está a realizar no municipio. A concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, achegouse até o Centro de Formación para coñecer de primeira man cos responsables de PEPCO os plans de negocio da empresa na cidade. Do proceso selectivo que se realiza no día de hoxe saíran as 12 persoas que van ser contratadas que se sumarán aos 3 postos de encargados de quenda que están xa seleccionados.

Jacobo Freire, store manager avanzou coma a de Tui será a terceira tenda que teñan no sur da provincia, sumándose as que xa están en funcionamento en Vigo e Nigrán, sendo a de Tui unha PEPCO Plus, xa que ofrecerá dende alimentación, a produtos de fogar, moda ou produtos para mascotas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí