Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ciclo de música -Camiño de cantares- arranca este domingo na Igrexa de Oia

A programación do ciclo arrancará este domingo ás 20:00h na Igrexa de Oia de Oia cun concerto a cargo de Vox Organallis

A programación do ciclo arrancará este domingo ás 20:00h na Igrexa de Oia de Oia cun concerto a cargo de Vox Organallis

Fecha: 31 de Agosto de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación de Camiño de Cantares nun acto que se levou a cabo na Cidade da Cultura e no que tamén estivo presente a directora de comunicación deste ciclo, Nieves García Soto, e o director xeral de CLUN, Rafael Prieto.

Camiño de Cantares é unha iniciativa musical promovida pola Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera composta por oito concertos e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, o programa posto en marcha polo Goberno autonómico para promover actividades de dinamización de cara a celebración do vindeiro Ano Santo.

A programación do ciclo arrancará este domingo ás 20.00h na Igrexa de Santa Mª de Oia cun concerto a cargo de Vox Organallis, un coro masculino de música vogal, que interpretará composicións medievais nos que o Camiño de Santiago ou a figura do Apóstolo cobran especial protagonismo.

Esta iniciativa, tal e como precisou Anxo M. Lorenzo, forma parte dos máis de 350 proxectos de O teu Xacobeo impulsados pola Xunta para colaborar na difusión dos valores do Camiño de Santiago grazas a unha achega global de 4,7 millóns de euros. Así, grazas a esta colaboración, a Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera levará a música relixiosa e paralitúrxica a diferentes localidades galegas que forman parte do Camiño como Oia, Allariz, Fisterra, Negreira, O Saviñao, Caldas de Reis, Oseira e Cea. Todos os concertos terán lugar en igrexas, mosteiros e capelas de gran beleza patrimonial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones