Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Ciclo Mestre Mateo continúa na Guarda coa proxección este mércores 11 da película -O Corpo Aberto-

O pase do filme, galardoado como mellor longametraxe nos premios do audiovisual galego, terá lugar ás 21:00 horas no Centro Cultural

O pase do filme, galardoado como mellor longametraxe nos premios do audiovisual galego, terá lugar ás 21:00 horas no Centro Cultural

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Octubre de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Guarda acolle este mércores 11 de outubro un novo pase da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. O salón de actos do Centro Cultural será o escenario, ás 20:30 horas, do pase do filme “O corpo aberto, galardoado como mellor longametraxe nestes galardóns celebrados en marzo.

 

Dirixido por Ánxeles Huerta, o filme está protagonizado por Tamar Novas, Victoria Guerra e María Vázquez nos seus principais papeis e acumulou un total de quince candidaturas aos premios deste ano. A historia, ambientada no 1909, sitúa a Miguel, un mestre novo, destinado nunha vila de montan?a na fronteira entre Espan?a e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inho?spita e de tradicio?ns ancestrais. E? un home de razo?n, pero non pode controlar os seus desexos e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor a? vez que crece a su?a fascinacio?n pola enigma?tica Dorinda. Nun lugar dominado pola supersticio?n, a estraña morte dun vecin?o da aldea libera un espi?rito en busca dun corpo que lle permita seguir coa su?a existencia, o que levara? a Miguel a cuestionar os li?mites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

 

Amais da Guarda, os outros concellos nos que recala a segunda edición do Ciclo Mestre Mateo son os do Grove, Baiona, A Estrada e Caldas. Estes municipios exhibirán ata novembro unha programación que inclúe ademais de “O corpo aberto, os filmes “María Casares, a muller que viviu mil vidas”, “Unicorn Wars”, recoñecidos respectivamente como mellor documental e mellor longametraxe de animación na última edición dos Mestre Mateo.  O resto de títulos do programa son traballos finalistas destes premios como os documentais “Onde máis doe” (Manane Rodríguez, 2022), “A foreign song”, (César Souto, 2022) gañador dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón, e “No somos nada” (Javier Corcuera, 2022), estreado no Festival de Cine de San Sebastián. Tamén o filme “Valentina” (Chelo Loureiro, 2022), gañador do Goya á mellor longametraxe de animación na XXXVI edición dos premios da Academia Española e as  longametraxes “Live is life” (Dani de la Torre, 2022) e “Código Emperador” (Jorge Coira, 2022).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí