Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Cineclub Poleiro reactívase coa primavera

O día 3 de marzo proxectamos a primeira longametraxe deste ciclo

O día 3 de marzo proxectamos a primeira longametraxe deste ciclo

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Marzo de 2022

Fuente: Cineclub Poleiro

Despois de estes tempos grises, comeza a primavera – crucemos os dedos- e con ela o cineclub Poleiro volve con enerxía renovada. O día 3 de marzo proxectamos a primeira longametraxe deste ciclo que quere facer un aceno ao máis próximo, a todos aqueles profesionais e artistas que durante este tempo tiveron tantas dificultades para regalármonos a maxia desta sétima arte coa súa obra. Será “La novia”, dirixida por Paula Ortiz, a película que abra o ciclo. É unha adaptación impactante de “Bodas de Sangre” de Lorca. Dende o primeiro momento amosa a vontade de emocionar e deixar sen alento ao espectador. Despois seguiranlle outras tres excelentes películas españolas de novos directores. Agardámosvos coma sempre todos os primeiros xoves de cada mes para gozar e compartir o mellor cine.

Volve o cine. O cineclub Poleiro programa un ciclo de catro películas españolas en apoio a un dos sectores castigados pola pandemia.

           

            O PRÓXIMO XOVES , 3 de marzo, ás 21:30 , no Auditorio de Goián , o cineclub Poleiro proxecta La Novia  unha adaptación de Bodas de Sangre de García Lorca. Unha fita dirixida por Paula Ortiz. 

Sinopse: Dende pequenos, Leonardo, o noivo e a noiva formaron un triángulo inseparable, pero cando se achega a data da voda, as cousas complícanse porque entre ela e Leonardo sempre houbo algo máis ca amistade.

Premios: Dous Goya, incluíndo Mellor fotografía

      Seis Premios  Feroz, incluíndo mellor Película Dramática

 

O 7 de abril, programamos La vida era eso, dirixida por David Martín de los Santos. Trata da relación de dúas mulleres españolas de dúas xeracións que emigraron a Bélxica e coinciden nun hospital.

O 5 de maio, La hija, dirixida por Manuel Martín Cuenca. Conta a historia de Irene. Ten 15 anos,vive nun centro de menores infractores e queda embarazada. Pode cambiar de vida coa axuda dun educador.

O 2 de xuño o ciclo remata con El amor en su lugar, de Rodrigo Cortés. Xaneiro de 1941. 400.000 mil xudeos de toda Polonia levan máis dun ano confinados polos nazis nun estreito gueto. Fora do muro, a vida segue,.

 

O bono de socio para o ciclo custa 10€. Desconto con bono anterior 5 €

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí