Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O cinema no Paseo Fluvial abre a programación cultural do verán en Tui

O Paseo Fluvial volverá converterse nunha sala de cinema ao aire libre con capacidade para 300 persoas.

O Paseo Fluvial volverá converterse nunha sala de cinema ao aire libre con capacidade para 300 persoas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tui

O cinema abre a programación cultural do verán en Tui. O Paseo Fluvial volverá converterse nunha sala de cinema ao aire libre con capacidade para 300 persoas. Tres son as películas que o público poderá gozar esta semana “Zog y los doctores voladores”, “El viaje de Chihiro” e “Stand by me”.  As entradas poden reservarse de forma gratuía en www.tui.gal.

O martes, 13 de xullo, ás 22.30 h  proxectarase  "Zog y los doctores voladores". Unha divertida e tenra película de animación dirixida por Sean Mullen recomendada para público familiar dende os 3 anos. Un dragón, unha princesa e un cabaleiro son os protagonistas de "Zog y los doctores voladores". Rompen os seus roles para coidar dos demais e curar a todo tipo de criaturas dende unha serea a un león, ou ao mesmo rei.

O mércores, 14 de xullo, ás 22.30 h será a quenda de  "El viaje de Chihiro" dirixida por Hayao Miyazaki. Este film recibiu o Óscar á mellor película de animación e o Oso de Ouro no Festival  Internacional de Cine de Berlín.

Chihiro, a nena protagonista, chega a un mundo habitado por deuses antigos e seres fantásticos tras atravesar un túnel cando viaxaba en coche cos seus pais. Nese extraño lugar atópase con Haku, e cunha feiticeira chamada Yubaba.

Mentres o xoves, 15 de xullo, ás 22.30 h  proxectarase "Stand by me". Unha película dos 80 dirixida por Rob Reiner  e interpretada por Wil Wheaton, River Phoenix, Corey Feldman, eJerry O'Connell. É unha historia de amizade entre catro adolescentes baseada nun relato curto de Stephen King.

Estas son as tres primeiras propostas da programación cultural  presentada o pasado venres co lema “Saímos con Sentidiño!”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones