Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Club de Fútbol Guillarei volve a actividade na temporada 2016/17

Juan Carlos Coello preside a nova directiva. Militará na 3ª Rexional adestrado por Pedro Pirelo.

Juan Carlos Coello preside a nova directiva. Militará na 3ª Rexional adestrado por Pedro Pirelo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Club de Fútbol Guillarei volverá á competición na temporada 2016/17 tras tres anos de ausencia de actividade. Unha nova directiva encabezada por Juan Carlos Coello asume con ilusión o reto de pór de novo en marcha ao equipo. Contan xa con adestrador, o salcedense Pedro Pirelo, en quen confían para a formación do equipo que militará na 3ª Rexional.

O novo club foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, acompañados pola directiva integrada Juan Carlos Coello, presidente; Manuel Rodríguez, vicepresidente; Manuel Solla, tesoureiro, e José Luís Freijeiro e Alejo Gregores, directivos.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, indicou que é "unha magnífica noticia que o Guillarei recupere a actividade" polo feito de que Tui é un referente transfronteirizo a nivel deportivo e polo bo momento que vive o deporte a nivel local. Agradeceu á directiva a súa valentía de embarcarse nesta aventura e o sacrificio persoal que supón.

O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, destacou o mérito dos directivos e o esforzo realizado para pór en marcha novamente o club, o tempo que destacaba que o campo de fútbol de Guillarei, de herba natural, está nunhas condicións óptimas.

O presidente do C.F. Guillarei, Juan Carlos Coello, explicou que o seu obxectivo é "recuperar a ilusión polo fútbol" na parroquia e aspiran a que a meirande parte do equipo estea formado por veciños de Guillarei. O seu plantexamento é ir pouco a pouco, comezando este ano cun único equipo en 3ª Rexional, e aspirando en próximas temporadas a poder contar tamén con equipos nas categorías base e mesmo cun equipo feminino. Quixo agradecer tanto o apoio do Concello coma de distintas casas comerciais no inicio deste novo proxecto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí