Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Club Deportivo Miño gaña a 1ª Copa Galega de Slálom

Nun día solleiro e cun circuíto longo e complicado, o club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con dez deportistas.

Nun día solleiro e cun circuíto longo e complicado, o club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con dez deportistas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Enero de 2022

Fuente: Rosa Carrera

Este domingo, apenas estreado o novo ano, celebrouse en augas do río Tea, ao seu paso por Mondariz Balneario, a primeira das competicións da Liga Galega de Slálom. Nun día solleiro e cun circuíto longo e complicado, o club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con dez deportistas.

Luís Fernández en C1 sénior, fixo a mellor baixada da categoría tanto en clasificatorias como en finais, e cun  tempo de 102,36 segundos fíxose coa medalla de ouro.

Manuel Ochoa en K1 sénior rematou a copa en segundo lugar cun tempo de 96, 64 segundos.

Brais Castro tivo dobre participación na categoría sénior, en K1  rematou undécimo e en C1 quinto.

Laura Alonso tamén dobrou participación en categoría sénior, a deportista do club deportivo Miño, foi a única representante da categoría, subindo ao podio en solitario, o que pon de manifesto a necesidade de campañas de promoción e fomento do deporte feminino: “Eu son a resistencia” comentou Laura con bo humor.

Emilio Rodríguez en K1 veterano tamén fixo a mellor baixada da categoría, acadando outro ouro para o club.

Ainhoa Barreiro, en categoría júnior, fíxose co ouro tanto en caiac como en canoa.

En K1 júnior, Sergio Rodríguez, foi o gañador da proba, compartindo podio con Alexis Segadaes que rematou segundo, ouro e prata para os dous “teixugos”. Na mesma categoría Mateo Rivas foi cuarto e Adrián Lluch sétimo.

Inmellorable balance para o Club Deportivo Miño-Teixugos con sete ouros e dúas pratas. Na clasificación final por equipos remataron en primeiro lugar cun total de 192 puntos, por diante dos anfitrións e organizadores, o Club Tea de Mondariz con 180  e do Piragüismo Penedo con 116.

Nesta mesma xornada tamén se celebrou a Primeira Copa Galega de Promoción que non contou con participación do club.

Fotos: https://photos.app.goo.gl/jeYBYRWYWvTvk7A6A

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí